O Concello recibiu do Estado o visto bo á humanización de nove rúas por valor de 12 millóns
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe luns da aprobación por parte do Goberno de España de oito proxectos presentados polo Concello con cargo ao novo Plan E do Estado. Trátase da humanización dun tramo de Tomás Alonso, Padre Don Rúa, Bolivia, López Mora, Pi y Margall, Santo Domingo, Conde Bárcena, San Salvador e Celso Emilio Ferreiro, que iniciaranse no prazo aproximado de tres meses. O rexedor confiou en que os proxectos restantes sexan validados próximamente.