Escoitar

Entroido en Vigozoo

Vigozoo desenvolverá os días 13, 14, 15, 16 e 17 de febreiro o Programa "Entroido en Vigozoo" que constará dunha serie de obradoiros educativos a cargo dos monitores do Departamento de Educación Ambiental.

venres, 12 feb 2010
1265980899entroidozoo.jpg
Os obradoiros estarán dirixidos a tódolos rapaces e rapazas visitantes de 3 a 16 anos, así os poderán disfrutar da pequena exposición localizada na aula de natureza denominada "Naturolab", audiovisuais infantís e ademais dun pequeno obradoiro de "Pintura de Cara".

A actividade é gratuíta en horario de 16:00 ata as 18:45 horas.
Descargar todas as imaxes