María Méndez di que o dispositivo de emerxencia, que tivo nun mes 972 pernoctacións, está ao máximo de capacidade
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo balancs este venres do funcionamento do dispositivo de emerxencia posto en marcha no pavillón do Berbés o 23 de decembro. Afirmou que dende esa data e hasta o 31 de xaneiro, este dispositivo atendeu a 104 persoas distintas, que realizaron un total de 972 pernoctacións. A nacionalista explicou que na actualidade está xa ao máximo da súa capacidade, dando acollida a un máximo de 35 persoas.
María Méndez, na súa intervención, explicou que o dispositivo conta con 30 prazas, que poden ser ampliadas ata 35 dependendo das necesidades, como acontece nos últimos días. Sinalou que hai habilitadas dúas estancias do polideportivo que fan de dormitorio e que existen servizos hixiénicos con duchas e que se facilitan toallas e xel de baño diariamente e todos os usuarios e usuarias. O horario é de 22 a 8 horas, a recepción é de 22 a 23 horas e o servizo de duchas de 23 a 24 horas. Engadíu ao respecto que o dispositivo permanecerá aberto mentres haxa frío na rúa e pechará cando este disminúa.
As instalacións son atendidas por unha persoa do servizo auxiliar de seguridade durante todo o horario de apertura e un mediador dende as 22 á 1 horas, que ademais de atender á recepción se ocupa de facilitar café ou chocolate ás persoas que o requiran. Respecto ao servizo de limpeza, María Méndez indicou que corre a cargo da Concellería de Deportes e que se leva a cabo unha vez que os usuarios e usuarias abandoan o centro.
Respecto á distribución dos usuarios e usuarias, a concelleira de Benestar Social destacou que das 104 persoas, 94 son homes, que realizaron un total de 886 pernoctacións; pola súa banda, as 10 muleres fixeron 86 pernoctacións. Asemade, detallou que menos de 5 días nas instalacións estiveron 45 persoas, entre 5 e 20 días outras 45 e que máis de 20 foron 14 persoas as que fixeron uso dos dispositivo.
Ao seu xuízo estes datos poñen de manifesto que a maior parte dos usuarios e usuarias do dispositivo de emerxencia son transeúntes, é dicir, non se trata dunha poboación estable, senón cunha alta mobilidade. Neste sentido, María Méndez indicou que cando chegan fáiselles unha ficha, que este ano puxo de manifesto que o 69% dos usuarios non teñen expediente na Concellería de Benestar Social, é dicir, nunca recurriron aos servizos de atención social. Ademais, as cifras revelan que das 104 persoas, 87 non están no rexistro do dispositivo do ano pasado, o cal indica segundo a concelleira que "non están como poboación fixa na zona".
"Traballamos para que estas persoas teñan un lugar no que guarecerse, pero pensamos que a Xunta debe implicarse posto que os concellos non poden asumir a totalidade do que supón un centro de emerxencia", manifestou María Méndez. Neste sentido lembrou que esta implicación da Xunta é necesaria polas características de mobilidade dos usuarios, tal e como tiña asumido o anterior Goberno galego bipartito, e nesta liña estaba prevista a apertura do albergue no edificio da Gota de Leite.
A concelleira de Benestar Social criticou, pola contra, a falta de implicación do actual Goberno da Xunta e manifestou que xa ten pedido cita en dúas ocasións coa Conselleira de Benestar Social, sen obter resposta. Comentou que na última xuntanza que participou do Consorcio de Servizos Socias lle trasladou á conselleira a necesidade de manter unha reunión para tratar os distintos temas que afectan á cidade, como o centro de día todavía pechado da rúa O Grove, e a construción de Valadares, entre outros.
A preguntas dos xornalistas e respecto ao albergue definitivo avanzou que dende o Concello de Vigo se fará unha oferta de terreos á Xunta para a construción das instalacións "xa que nestes momentos parece imposible mover á Consellería de Benestar Social para abrir a Gota de Leite". Por outra banda, manifestou que a aportación da administración autonómica é imprescindible, porque sen ela "é imposible asumir o custe da construción dun albergue".
No tocante aos albergues atendidos por entidades relixiosas, María Méndez destacou que hai diferenzas de criterios de admisión respecto ao albergue do pai Carlos. Ao respecto manifestou que un centro mantido con cartos públicos "ten que admitir a todos e todas". Precisamente esta situación provoca que sempre haxa prazas libres, e pese a que agora abre tamén os fins de semana e festivos, as persoas so poden estar un máximo de sete días seguidos. Respecto ao albergue dos Misioneros dos Enfermos Pobres de Teis, indicou que tamén hai prazas libres todos os días. "Isto demostra que o albergue cun horario máis axeitado á forma de vida destas persoas é o máis demandado", salientou.
Descargar todas as imaxes