Os técnicos da Federación Española de Fútbol loubaron o proxecto de reforma de Balaídos para ser sede do Mundial
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou este venres que os representantes da Federación Española de Fútbol expresaron os seus parabéns ao Concello de Vigo polo proxecto de reforma do estadio de Balaídos, que se inclúe na candidatura da cidade para ser unha das sedes do Mundial de Fútbol dos anos 2018 ou 2022. Os representantes federativos mantiveron unha reunión de traballo para analizar os diferentes aspectos da candidatura de Vigo e foron tamén recibidos polo alcalde e o tenente de alcalde.
A recepción do alcalde e o tenente de alcalde foi unha mostra do respaldo institucional que ten o proxecto de candidatura. A impresión dos membros da RFEF segundo Xabier Alonso foi moi positiva, tanto dese encontro como da xuntanza de traballo.
O concelleiro de Deportes, que presidiu a reunión técnica, explicou que o obxectivo da reunión era aclarar "cuestións puntuais e técnicas" da candidatura viguesa, entre as que figuran as relacionadas coa remodelación do estadio e as súas repercusións no contorno, así como coñecer máis datos sobre o sector da hostelería de Vigo e o financiamento, no que se incluirá as diferentes administracións e tamén á iniciativa privada. Sinalou que na xuntanza, ademais dos integrantes da Federación Española Fútbol, participaron tamén representantes da Federación Galega, das asociacións de hostelería e restauración da cidade, do Celta, do equipo de arquitectos que elaborou o proxecto de reforma de Balaídos e representantes do Concello.
Xabier Alonso indicou que a xuntanza tamén servíu para precisar os prazos de presentación da última documentación solicitada, que deberá ser remitida o 1 de marzo. Explicou que será na primeira semana de marzo cando a Federación Española fará "un primeiro corte" das candidaturas, de xeito que das 23 presentadas elixirán un total de 18, das que 14 ou 15 serán en España e 3 ou 4 de Portugal.
O 14 de maio a Federación Española e a Federación Portuguesa presentarán a candidatura conxunta para acoller o mundial e a partir de entón a FIFA iniciará a rolda de visitas ás diversas cidades. A decisión definitiva das sedes será o 2 de decembro e segundo apuntou Xabier Alonso, no ámbito europeo as outras candidaturas son Rusia e a conxunta de Bélxica e Holanda.
"Dende Vigo pensamos que por razóns políticas e xeográficas Galiza e Vigo non poden quedar fóra dunha candidatura conxunta entre España e Portugal", manifestou o concelleiro de Deportes. Destacou tamén que Vigo reúne todos os requisitos necesarios para ser sede no mundial 2018-2023 porque "fixemos un traballo ben feito".
Descargar todas as imaxes