Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

Orde do día:

mércores, 10 feb 2010
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 4


CONVOCATORIA



ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 11 de FEBREIRO de 2010, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.



1.- Aprobación inicial dos orzamentos do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos para o ano 2010.

2.- Dar conta da elaboración dun plan económico financeiro.




DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día ONCE DE FEBREIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 8 de febreiro de 2010

O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña.