Últimos días para visitar a exposición JORGE BARBI 41º 52’ 59" latitude N/8º 51’ 12" lonxitude O que proximamente se inaugurará en Lisboa
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lembra que esta é a derradeira semana en que permanecerá aberta ao público a exposición do artista JORGE BARBI, comisariada por Juan de Nieves, que dende o 16 de outubro de 2009 ocupa os espazos da planta baixa, e que se clausura este domingo 14 de febreiro.
A mostra de JORGE BARBI baséase na idea do percorrido, do paseo, e da observación cotiá da natureza e as súas mutacións, como un extenso arquivo que o artista foi construíndo ao longo do tempo. O argumento construíuse a partir de varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, intentando establecer novas lecturas do seu traballo, no que foi a primeira grande exposición individual deste artista.
A acollida do público foi extraordinaria —tanto dende o punto de vista do número de visitantes coma da súa valoración cualitativa— así como a da prensa especializada, que lle dedicou varias portadas e a incluíu entre as mellor valoradas do ano 2009. Ademais, durante estes meses, o departamento educativo do MARCO puxo en marcha varios programas especiais en torno ás obras presentes en salas e á traxectoria deste artista, como as visitas e talleres para escolares e familias (‘CADERNO DE VIAXE’), ou os talleres para grupos de adultos (‘PALABRAS QUEBRADAS’), que finalizan esta semana con récord de participación.
No que se refire á súa proxección exterior, unha vez clausurada en Vigo a exposición viaxará á Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa, onde permanecerá do 6 de maio ao 6 de xullo de 2010. Será a primeira vez que unha individual dun artista galego se exhiba nas salas desta institución, que coproduce a mostra xunto co MARCO e a Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exterior de España, SEACEX.
Descargar todas as imaxes