Abel Caballero reclama un hospital público "referencial" para Vigo, con "dimensión e capacidade"
O alcalde mantivo este luns unha reunión co Comité de Empresa dos hospitais Xeral e Meixoeiro sobre o novo hospital de Vigo. Caballero amosou a súa "simpatía e cercanía absoluta" aos traballadores que están a defender a "calidade" da sanidade viguesa. O rexedor reclamou á Xunta un "hospital público de financiamento público" que garanta a "calidade sanitaria" da área viguesa. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou á Xunta de Galicia a construción dun hospital público "referencial" para Vigo, con "dimensión e capacidade".
Tras unha reunión co Comité de Persoal do Xeral e do Meixoeiro para abordar esta cuestión, o rexedor amosou a súa "simpatía e cercanía absoluta" aos traballadores xa que están a defender a "calidade" da área sanitaria viguesa, formada por 600.000 persoas.
Caballero demandou da Xunta de Galicia que o novo hospital non recorte as 1.450 camas proxectadas polo anterior executivo autonómico para a instalación, e solicitou asemade que sexa un "hospital público de financiamento público".
O alcalde defendeu tamén que o novo centro se adapte ao plan funcional e arquitectónico elaborado polo anterior goberno de Galicia e avogou por un hospital "referencial" en áreas como a investigación ou as tecnoloxías.
"O que estamos a demandar é que o hospital de Vigo funcione coas mesmas pautas que o de Coruña e o de Santiago", concluiu Abel Caballero, xa que estas condicións garanten a "calidade sanitaria" da área viguesa. O mandatario vigués ofreceu cooperación á Xunta de Galicia desde estas premisas.
Cruz Vermella
Caballero reuniuse o pasado venres co Comité de Empresa do hospital da Cruz Vermella en Vigo, centro no que traballan 75 profesionais. Hoxe anunciou o alcalde o envio de sendas cartas á Xunta de Galicia e á Cruz Vermella indicando que "non pode ser pechado" o hospital, xa que da servizo a enfermos de longa duración e da terceira idade.
O rexedor vigués recordou ademais que o solo no que opera o hospital foi cedido polo Concello para uso hospitalario, e avanzou que reclamará a Cruz Vermella que continúa esa actividade.
Descargar todas as imaxes