xoves, 11 feb 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o auditorio de Castrelos acollerá o 14 de xullo o concerto da cantante, pianista e compositora Norah Jones. Esta actuación, que se enmarca na xira mundial da artista, é unha das tres únicas citas que a cantante terá no Estado español e a única en Galiza, nas que Jones presenta o cuarto traballo, titulado "The Fall".
xoves, 11 feb 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, entregaron este xoves os 23.000 euros de recadación de Vigolandia ao presidente do Fondo Galego de Cooperación, Alfredo Nóvoa, que seran destinados a Haití para paliar aos damnificados do terremoto. "Vigo sempre foi unha cidade solidaria e todos os vigueses e viguesas que asistiron a Vigolandia se sentirán satisfeitos con esta axuda", asegurou o tenente de alcalde.
xoves, 11 feb 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou este venres que os representantes da Federación Española de Fútbol expresaron os seus parabéns ao Concello de Vigo polo proxecto de reforma do estadio de Balaídos, que se inclúe na candidatura da cidade para ser unha das sedes do Mundial de Fútbol dos anos 2018 ou 2022. Os representantes federativos mantiveron unha reunión de traballo para analizar os diferentes aspectos da candidatura de Vigo e foron tamén recibidos polo alcalde e o tenente de alcalde.
xoves, 11 feb 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, avanzou este mércores que o vindeiro sábado, 13 de febreiro, o pavillón de Teis acollerá o campionato galego de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete, organizado polo Club San Ignacio. Nas probas participarán máis de 125 deportistas procedentes dun total de 22 clubs de toda Galicia.