O Concello aproba incialmente un orzamento para 2010 de 246 millóns de euros
O pleno extraordinario da corporación municipal aprobou hoxe inicialmente os orzamentos do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos para o presente ano, que se cifran en 246,6 millóns de euros e que inclúe 32 millóns de euros para investimentos reais, case un 50% máis en relación coas mesmas partidas inversoras do anterior exercicio. A sesión extraordinaria tamén deu conta da elaboración dun plan económico financiero para o Concello.
Desde o goberno local se considera que orzamento deste ano resposta a necesidade de facer unha cidade integradora sen perder de vista a necesidade de dar resposta prioritaria a xeración de emprego, a dinamización da economía e o gasto en políticas sociais. Tamén se aprobaron as enmendas introducidas polo concelleiro de Xestión Municipal, concelleira de Economía, concelleiro de Patrimonio Histórico e concelleira de Benestar Social, pero foi rexeitada a enmenda presentada polo grupo do Partido Popular. A aprobación inicial do orzamento saíu adiante cos votos a favor do grupo de goberno, PSdeG e BNG, e a oposición do grupo do PP.
As diferentes partidas incluidas no orzamento e defendidas polo grupo de goberno durante o debate plenario contemplan ademáis case 70, 8 millóns de euros en gastos de persoal e 108,9 millóns en gastos correntes. Hai que salientar no apartado de investimentos un total de 16 millóns están pensados para humanizacións de rúas, algo máis de 4 millóns para zonas de lecer (parques e xardíns), 2,8 para Deporte, 2,5 para Cultura e 2,5 e esta mesma cantidade para Comercio
Desde o grupo de goberno, o concelleiro de Xestión de Personal, Carlos López Font, salientou, ademáis da aposta polo contido social, de vías e obras e de xeración de emprego recollidos na base da elaboración do orzamento, o capítulo dedicado a personal ao recoñecer que se cumpriron os compromisos de valoración de postos de traballo. Asimesmo se referiu a que a proposta de dita valoración afecta a 800 traballadores municipais, e dicir o 60% dos funcionarios. Neste senso, recordou as melloras nos casos de bombeiros e policía local, donde os aumentos das partidas destinadas a estes capítulos suben respectivamente un 45,24% e un 41,93%.
Outros aumentos porcentuais destacados no orzamento de 2010 son os referidos a Comercio, o maior de todos, cun 226,70 en relación co ano pasado, o 52,6% en Deportes e o 49,95 en Xuventude. A concelleira da área de Economía, Raquel Díaz Vázquez na exposición e defensa dos investimentos puxo de manifesto que nas partidas previstas para 2010 tívose en conta o control de gasto, as políticas de emprego e as medidas de carácter social para os sectores menos favorecidos. En canto aos ingresos previstos para o Concello de Vigo neste exercicio aparecen 91,7 millóns de euros en calidade de imposto directos e 8,6 millón en impostos indirectos, mentres que por tasas están previstos uns ingresos de 35,2 millóns.