Máis de 125 deportistas participarán o sábado no campionato galego de Loitas Olímpicas que se celebrará no pavillón de Teis
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, avanzou este mércores que o vindeiro sábado, 13 de febreiro, o pavillón de Teis acollerá o campionato galego de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete, organizado polo Club San Ignacio. Nas probas participarán máis de 125 deportistas procedentes dun total de 22 clubs de toda Galicia.
Na modalidade cadete, as probas disputarase o sábado pola mañá, en horario de 11 a 13.30 horas, mentres que na de sénior a competición será de 16.30 a 19 horas. Os participantes neste campionato galego se xogarán as prazas que dan acceso ao campionato de España, que se celebrará en Barcelona os días 27 e 28 de febreiro. Na actualidade, o equipo feminino do Club San Ignacion é campión de España por clubs, polo que este ano os seus esforzos están encamiñados a revalidar o título.