O Entroido 2010 preséntase moi participativo e consolida aos persoeiros vigueses
Participativo, trouleiro, musical e urbanita, pero ser perder a súa identidade, son algúns dos calificativos que se atopan no momento de definir o programa do Entroido de 2010 en Vigo, un evento que, desde o 12 ao 17 de febreiro está encamiñado a encher as rúas da ledicia que representan disfraces, charangas, pasarrúas e persoeiros propios da celebración de don Carnal, cuxo programa foi presentado hoxe mércores polo concelleiro de Cultura, Xesús López, quen estivo acompañado, entre outras personas, do pregoeiro deste ano, o actor Antonio Durán "Morris".
O Entroido 2010 arrinca oficialmene o 12 de febreiro a partir das 20.30 horas co pregón de "Morris", quen adiantou que ten previsto facer un discurso plurilingue no que aparecerá tamén o seu televisivo personaxe Edelmiro Ferreira, o cal garantiza actualidade, ireonía, diversión e, sobre todo, optimismo "que fai falta nestes tempos para divertirse todo o mundo", engadiu o actor, que recordou que desde hai tempo non exerce de pregoeiro pero que está encantado de facelo no Entroido da cidade que reivindica como natural de Teis que é. Con anterioridade a intervención de "Morris", as treboadas e a animación de rúa comezará a partir das 19.30 horas na Praza da Constitución, para continuar ata as dez e media da noite polo Casco Vello e a rúa Príncipe.
A xornada inaugural complétase coa entronización do Rei e Raiña do Entroido, na que non faltará a música do home orquesta Ce e a Orquestra Pantasma.
Programa de actos
O sabádo, 13 de febreiro, seguirán as presenzas nas rúas de charangas, murgas e xiogantes e cabezaudos, desde as cinco as sete da tarde, por un roteiro que inclúe Urzáiz, Príncipe, Porta do Sol, Carral e remate na Praza de Compostela. Pola súa banda, a comitiva rexia concentrarase na Praza da Constitución, para fixar un percorrido no que aparecen a rúa Triunfo, Praza da Pedra, As Avenidas, Montero Ríos, P. Morillo e Compostela, e que rematará na Morada olímpica desa céntrica praza donde haberá unha recepción da comitiva e o Deus Momo, outro dos persoeiros representativos do entroido vigués. A com itiva rexia terá tamén como protagonistas 40 disfraces espectaculares que afondan no entroido de Vigo de outros tempos e estarán acompañados de claríns e trompetas. De novo, ás 18.30 horas, dita comitiva coa presencia de una grande comparsa partirá cara o Areal, Serafín Avendaño e rúa Oporto. Deste lugar sairá o desfile de comparsas e carrazos a partir das sete da tarde. O roteiro vai por Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Praza de Compostela, García Olloqui e Peirao de Transatlánticos. A xornada sabatina rematará cunha verbena na Porta do lo, a cargo das orquestras Suavecito e Costa Oeste, a partir das dez e media da noite. Este ano o número de comparsas do desfile chega a 36, oito máis que en 2009.
O Domingo, 14 de febreiro, está destinado ao Entroido Infantil, na Praza de Compostela, das 17 ás 20 horas, donde haberá para os máis novos desde actividades lúdicas a obradoiros, pasando por inchables e montaxe de disfraces. Os concursos de charangas e coplas, desenvolveránse respectivamente nas 17.30 e 18 horas, na Praza da Compostel. A partir dás sete da tarde, pero na Praza da Constitución, está previsto o Serán, outra das celebracións carnavaleiras de raigame viguesa, unha convocatoria que antano servía para propiciar as relacións entre as diferentes comunidades, evitando a endogamia, pero que neste ano estará cargada dun forte compoñente musical a cargo de grupos de recoñecida solvencia no eido da música tradicional: Xacarandaina, Xiradela, Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e algúns grupo de veciños que traballan na recuperación deste tipo de festexo. No transcurso do mesmo haberá convite mediante comida e bebida aos asistentes.
No programa tamén figura a presenza nas rúas e prazas do Casco Vello, durante as xornadas do 12, 14 e 16, dos Merdeiros, recoñecidos polá singularidade da súa vestimenta e pucho, así como polo seu carácter anárquico. O luns, 15 de feberiro, voltarán a animación a rúa coa comparsa e comitiva rexia, que salirá as 17.45 horas da Praza de Compostela para seguir por Colón, Príncipe, Porta do Sol e Praza da Constitución. Nea data desenvolveránse os 2º Xogos Populares do Entroido, das seis ás sete da tarde na Praza da Constitución.
O martes, 16 de febreiro, volverá a concentración da comitiva rexia e animación de rúa pero partindo da Praza da Constitución, a partir das 17.45 horas, e pasando por Gamboa, Victoria e volta a mencionada praza, donde á seis da tarde está convocado o acto rexio de homenaxe e bicamáns ao Deus Momo, quen entrará no esvaecemento e agonía que presaxia a recta final do Entroido 2010. Na Praza de Compostela será o Concurso de Disfraces (de 18.15 a 20 horas) e o de Charangas o de Charangas (ás 20 horas). Na Porta de Sol, haberá tempo para o baile na verbena que de dez e media da noite a dúas animarán as orquestras Charlestón e Miramar. No meido, as doce da noite, anunciarase o falecemento dos Deus Momo e se procederá a lectura do testamento a prol do seu fillo Momiño. Continuará un xuizo, sentenza e queima do rei e raiña do Entroido.
Sepelio do Deus Momo
O mércores, as 18 horas, comezará o remate do Entrodio 2010 coa presenza do catafalco do sepelio do rei Momo, ás 18 horas, na Estación Marítima de Ría, e continuará coa concentración dos participantes nas exequias funerarias solemnes das comparsas, desde ás sete da tarde, para encamiñarse media hora despois cara o percorrido por Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Praza de Composela e peirao de Trasatlánticos. O sepelio será na estación Marítima de Ría as oito e media con oficios laicos nos que mediante sermóns, cantos solemnes, lectura dos premios, rematará con berro final: Que mal raio o parta (QMROP), que anuncia o final do Entroido enVigo.
Descargar todas as imaxes