Escoitar

Cursos gratuítos da Concellería de Xuventude

A concellería de Xuventude organiza varios cursos gratuítos para a mocidade de Vigo cos seguintes enunciados e contidos: curso preparatorio do Celga 4; curso de formación de mediadores en prevención de drogodependencias; charla informativa sobre o programa europeo de Xuventude en Acción e cursos de informática para mozos/as desempregados/as.

mércores, 10 feb 2010
1.- Curso preparatorio do Celga 4

Que: A Concellaría de Xuventude de Vigo, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza un curso preparatorio de galego para a superación da proba de nivel do Celga 4 co obxecto de facilitar a participación da xente nova en ditos cursos .
A inscrición nas probas é independente da dos cursos.
Cando: . A previsión é que o citado curso dea comezo o 8 de marzo ate o 1 de maio, cun horario de 17:00 a 19:30h de luns a xoves. Duración: 75 horas lectivas
Onde: Na Casa da Xuventude
Inscrición: As persoas interesadas poderán apuntarse na Casa da Xuventude e no Punto Xove ate o día 22 de febreiro. Só se realizará o curso se contamos cun mínimo de 25 persoas preinscritas.
Máis información: Servizo de información ao estudante. Casa da Xuventude.

2.- Curso de formación de mediadores en prevención de drogodependencias.

Que: A Concellaría de Xuventude e o Plan Local de Drogas e outras Adiccións (PLDA) do Concello de Vigo poñen en marcha un curso dirixido ao colectivo de mediadores/as e educadores/as que traballan, profesionalmente ou como voluntarios/as, con menores e mocidade.
Obxectivos:
Formar ós/ás participantes en drogas e adiccións
Eliminar falsas crenzas asociadas ao consumo de sustancias mediante unha información obxectiva e reflexiva sobre o tema
Dotar de estratexias e habilidades que favorezan o desenvolvemento do seu quefacer diario
Promover a reflexión sobre o seu papel como mediadores/as sociais e axentes de prevención
Reforzar a importancia da súa tarefa educativa de cara ao desenvolvemento integral dos/das menores e da mocidade
Onde: Na Casa da Xuventude (López Mora, 31),
Cando: Os días 23, 24 e 25 de febreiro, en horario de 18:00 a 21:00h.
Inscricións: Na Casa da Xuventude, por orde de solicitude e ata completar prazas.
Máis información: Casa da Xuventude.

3.- Charla informativa sobre o programa europeo de Xuventude en Acción. Colaboración con Abertal
Que: A Concellaría de Xuventude, en colaboración coa A.X. Abertal, realiza unha charla para informar das accións do programa europeo: Intercambios xuvenís, iniciativas xuvenís, formación e seminarios.
Onde: Na Casa da Xuventude.
Cando: O 22 de febreiro, ás 19,00h.
Inscricións: Non require inscrición previa.

4.- Cursos de informática para mozos/as desempregados/as

INTRODUCIÓN A OPENOFFICE: TRATAMENTO DE TEXTOS E FOLLA DE CÁLCULO (30h.).
Obxectivo: Coñecer e empregar, dunha maneira básica, o programa de tratamento de textos (writer) e a folla de cálculo (Calc), dentro do paquete de Openoffice.
Lugar: No Punto Xove (rúa López de Neira, 27)
Datas: Do 1 ao 16 marzo de 2010 (de luns a venres)
Horario: De 11:30-14:00h.

INTERNET PRÁCTICO (14h.)
Obxectivo: Aprender e dominar as técnicas, os recursos e os usos de internet, dun xeito práctico e ameno.
Lugar: No Súbete ao Castro (Paseo dos Cedros, s/n. Monte do Castro)
Datas: Do 5 ao 9 de abril de 2010 (de luns a venres)
Horario : de 17:00 a 20:00h.

INICIACIÓN Á BASE DE DATOS (20h.)
Obxectivo: Coñecer e empregar de forma básica o programa de base de datos (Base) dentro do paquete de Openoffice"
Lugar: Na Casa da Xuventude (rúa López Mora, 31)
Datas: Do 12 ao 21 de abril de 2010 (de luns a venres)
Horario: De 9:30 a 12:00h.

INTRODUCCIÓN Á INFORMÁTICA.WINDOWS. (20h)
Obxectivo: coñecer e empregar as diferentes opcións de uso diarias que un ordenador ofrece.
Lugar: No Súbete ao Castro (Paseo dos Cedros, s/n)
Datas: Do 3 ao 12 de maio de 2010 ( de luns a venres)
Horario: De 17:30 a 20h.

REQUISITOS Xerais:
Mozas e mozos de 16-35 anos (nacidos/as entre 1975-1994 )
Empadroados/as en Vigo.
Desempregados/as

PRAZAS: 15 por curso.

A INSCRICIÓN realizarase persoalmente no espazo da Concellaría de Xuventude onde se queira facer o curso (ver calendario).
O prazo para inscribirse comezará 15 días naturais antes do comezo de cada curso. As prazas cubriranse por orde de inscrición e, unha vez entregada toda a documentación, a solicitude farase efectiva, resultando inscrito/a no curso.
A asistencia ao curso é obrigatoria

DOCUMENTACIÓN a entregar :
Solicitude cuberta e asinada
Copia do volante de empadroamento (pódese obter a través da web www.vigo.org)
Copia da tarxeta de desemprego
Copia do DNI

+ INFORMACIÓN e INSCRICIÓN: www.xuventudevigo.org e nos espazos da Concellaría de Xuventude:
Casa Xuventude: Rúa López Mora, 31. Teléfono 986 29 48 06
Punto Xove: Rúa López de Neira, 27. Teléfono: 986 22 30 04
Súbete ao Castro: Paseo dos Cedros s/n - Monte do Castro (Ao carón da pista de bicis).Teléfono: 986 48 55 41