mércores, 10 feb 2010
Participativo, trouleiro, musical e urbanita, pero ser perder a súa identidade, son algúns dos calificativos que se atopan no momento de definir o programa do Entroido de 2010 en Vigo, un evento que, desde o 12 ao 17 de febreiro está encamiñado a encher as rúas da ledicia que representan disfraces, charangas, pasarrúas e persoeiros propios da celebración de don Carnal, cuxo programa foi presentado hoxe mércores polo concelleiro de Cultura, Xesús López, quen estivo acompañado, entre outras personas, do pregoeiro deste ano, o actor Antonio Durán "Morris".
mércores, 10 feb 2010
A concellería de Xuventude organiza varios cursos gratuítos para a mocidade de Vigo cos seguintes enunciados e contidos: curso preparatorio do Celga 4; curso de formación de mediadores en prevención de drogodependencias; charla informativa sobre o programa europeo de Xuventude en Acción e cursos de informática para mozos/as desempregados/as.
mércores, 10 feb 2010
No Punto Xove, da concellería de Xuventude, terá lugar o xoves, día 11 de febreiro unha actividade de arte dixital no que se poderá ver as novas cracións de Ana Pérez Cerviño.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
mércores, 10 feb 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br />
pola empresa GAS GALICIA, estarán pechadas ao tráfico as rúas SIMANCAS, treito entre Cruceiro <br />
Vello e Beiramar, e COVADONGA, treito entre Alfredo Brañas, con acceso exclusivo para garaxes, <br />
dende o xoves 11 de febreiro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.