O tráfico e o aparcamento no Casco Vello quedará restrinxido a residentes desde o vindeiro luns
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este venres a nova regulación no Casco Vello, que permite un máximo de 20 km/h para os vehículos autorizados e limita o estacionamento. Seis bolardos regulan o acceso exclusivo dos residentes, ademais das emerxencias e da carga e descarga, e os residentes contarán coas mesmas prazas de estacionamento que as existentes anteriormente, ubicadas agora en Poboadores, Chao, San Francisco, Cánovas del Castillo e o Berbés.
O concelleiro de Tranporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou hoxe venres a nova planificación para o Casco Vello, que restrinxe a circulación rodada aos residentes e o aparcamento desde o próximo luns, 15 de febreiro.
Segundo explicou o edil socialista en rolda de prensa, o Casco Vello estará delimitado por seis bolardos nas entradas á zona histórica da cidade, que presentará unha nova sinalización vertical que prohibe circular a máis de 20 km/h, para priorizar así aos peóns. Tampouco poderán circular os vehículos de masa superior ás 3,5 toneladas, e permitirase o tráfico autorizado a residentes, descarga de mercadorías e servizos de urxencias.
A carga e descarga no Casco Vello poderase realizar de 8 a 11 horas da mañá, e Calviño precisou que os residentes dispoñen da posibilidade de estacionar durante cinco minutos na zona regulada polos bolardos para poder descargar as súas mercadorías. Tamén permitiríanse situacións excepcionais de descarga, unha vez solicitadas nos accesos.
Xulio Calviño reuniuse onte xoves cos veciños e comerciantes da zona para explicarlles previamente a nova regulación do tráfico, unha normativa que recolle textos similares aos dos cascos históricos doutras cidades e que procura ser "sensible aos veciños do Casco Vello", ademais da dinamización e da conservación do patrimonio histórico vigués.
Aparcamento
O número de prazas de estacionamento para os veciños non varía sobre as computadas ata agora, pese a restricción de aparcar no Casco Vello, sumando un total de 101 sobre as 102 anteriores. Os residentes contan con 38 prazas en Poboadores, 10 en Chao -ambas rúas dentro da zona delimitada polos bolardos-, outras 10 no Berbés, 7 en San Francisco e 36 en Cánovas del Castillo.
Nesta rúa, o Concello prevé habilitar a zona azul, tal e como recolle a normativa, e os residentes do Casco Vello pasarán a estar habilitados para estacionar nesas prazas sen a limitación de dúas horas que si rixe o aparcamento dos restantes vehículos.
Xulio Calviño asegurou asemade que o Concello ten negociado prezos especiais para os residentes nos aparcadoiros soterrados próximos do Berbés, o robotizado, o da Porta do Sol e do da Praza do Rei. Segundo o acordado, os veciños do Casco Vello contan con 175 prazas por 35 euros do nocturno ou 55 en réxime tarde-noite.
Residentes
Tal e como explicou o edil socialista, aqueles cidadáns que poderán estaciona e circular no Casco Vello pasarán a ser os veciños con vehículo en propiedade, os residentes ou usuarios de vehículo de empresa, aqueles con praza de garaxe e os autotaxis e servizos de mercadorías, emerxencias e seguridade cidadá.
Descargar todas as imaxes