Escoitar

"Vicus x Haití" exposición na Casa das Artes

A planta baixa das Casa das Artes acolle do 13 de febreriro ó 7 de marzo a exposición "Vicus x Haiti".A iniciativa dun grupo de artistas de Vigo, o Concello de Vigo puxo en marcha, unha exposición con obras de cento corenta e cinco creadores plásticos (pintores, escultores, fotógrafos, ilustradores, etc) como testemuño de solidariedade. A intención primordial é recadar o maior número de fondos posibles con destino a "URXENCIA EN HAITÍ" de UNICEF, organismo internacional de axuda á infancia.

venres, 12 feb 2010
1265982362vicus.jpg
Os ingresos serán posibles grazas á xenerosidade da xente mediante a adquisición das obras de arte que os seus creadores doan integramente cun prezo 50% inferior ao habitual, para facer máis atractiva a compra e racadar o máximo posible.

O particular que desexe adquirir unha obra da Mostra Solidaria "VICUS X HAITÍ" reservará a obra e para confirmar a súa adquisición deberá achegar o xustificante de ingreso na conta a beneficio de UNICEF, Comité Galicia, que se lle indicará na sala.

Os e as artistas integrantes da mostra fan un chamamento á cidadanía viguesa a participar e colaborar nesta iniciativa convertida xa en institucional e cultural porque entenden que a arte debe servir esencialmente para mellorar o mundo, minimizar a dor dos que sofren, incrementar a tolerancia, a creatividade e cultivar o desenvolvemento humano e cultural.
Descargar todas as imaxes