Escoitar

O alcalde insta á dirección de Alcampo a resolver "o antes posible" o seu conflicto cos anteriores traballadores de limpeza

Abel Caballero entrevistouse hoxe co director rexional do hipermercado, Daniel Rodríguez, e cos responsables dos centros de Coia e da Avda de Madrid, quenes indicaron ao rexedor as renovacións que van executar nos seus dous establecementos. O alcalde incidiu na "situación laboral complicada" na que se atopan os anteriores traballadores de limpeza do Alcampo e urxíu á dirección a solventar o conflicto "o antes posible".

venres, 12 feb 2010
1265983292P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, instou este venres á dirección do hipermercado Alcampo a solventar "o antes posible" o conflicto laboral que manteñe a compañía cos anteriores traballadores de limpeza.

O rexedor socialista aproveitou a entrevista concertada co director rexional da compañía, Daniel Rodríguez, para pedir a resolución desta "situación laboral complicada", derivada do cambio do plantel de limpeza. Caballero apuntou que a dirección do Alcampo mostrou a súa "comprensión" para dar unha solución á cuestión.

Na súa reunión, Abel Caballero puido coñecer os plans inmediatos da entidade para os seus dous centros de Vigo, en Coia e na Avenida de Madrid. No primeiro deles efectuarase unha reforma das súas instalacións ata o verán e o sesgunda experimentará unha "renovación total".

O alcalde asegurou que a compañía transmitiu un "gran interese comercial" en Vigo, polo que xa solicitaron á Xerencia de Urbanismo as preceptivas licenzas para a renovación dos seus hipermercados da cidade.
Descargar todas as imaxes