O desfile de comparsas e carrozas anima este fin de semana o Entroido
O Entroido 2010 sae con todo o seu colorido e animación este fin de semana ás rúas de Vigo, donde se desenvolverán algunhas das actividades máis participativas do calendario carnavaleiro na cidade, entre outras o desfile de comparsas e carrozas, durante a xornada do sábado a partir das sete da tarde. As convocatorias abertas aos máis pequenos, charangas, concurso de coplas e serán están previstas para a tarde do domingo.
Os primeiros compases musicais dos grupos participantes no programa do entroido vigués poderánse escoitarse o sábado desde as cinco ata as sete da tarde a cargo de charangas, murgas e xigantes e cabezudos, pola ruta de Urzáiz, Príncipe, Porta do Sol e Carral, con final na Praza de Compostela. A comitiva do rei e a raíña do Entroido estará concentrada ás cinco e media da tarde na Praza da Constitución, para comezar ás 18 horas o percorrido pola rúa Triunfo, Praza da Pedra, As Avenidas, Montero Ríos, P. Morillo e Praza de Compostela, roteiro que ten como punto de encontro a Morada olímpica desa praza donde haberá unha recepción da comitiva rexia ao Deus Momo.
Percorrido
Ás 18.30 horas, a comitiva coa presencia dunha grande comparsa partirá cara o Areal, Serafín Avendaño e rúa Oporto. Deste lugar sairá ás 19 horas o desfile de comparsas e carrozas. O percorrido inclúe Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Praza de Compostela, García Olloqui e Peirao de Transatlánticos. A xornada terá como remate unha verbena na Porta do Sol, que estará animada polas orquestras Suavecito e Costa Oeste, desde as dez e media da noite.
A xornada do domingo, 14 de febreiro, convoca aos máis pequenos ó Entroido Infantil, na Praza de Compostela, das 17 ás 20 horas. Nenos e nenas poderán disfrutar de diferentes actividades lúdicas, obradoiros, inchables e montaxe de disfraces. O Concurso de Charangas será ás 17.30 na Praza de Compostela, e o Concurso de Coplas está previsto ás 18 horas tamén na Praza de Compostela. O Serán desenvolverase a partir das 19 horas na Praza da Constitución, donde está organizada unha festa con cartel pechado na que participarán grupos de renome dentro da música tradicional. Ademáis esta celebración terá un compoñente gastronómico que consistirá nun convite tradicional no que se ofrecen comida e bebida relacionadas co entroido os participantes. Na xornada dominical, os personaxes denominados Os Merdeiros estarán presentes coas súas singulares fachendas nas rúas e prazas do Casco Vello.
Para o luns, 15 de febreiro, voltará a animación na rúa coa comparsa e comitiva rexia, que salirá as 17.45 horas da Praza de Compostela para seguir por Colón, Príncipe, Porta do Sol e Praza da Constitución. O deporte terá cabida coa celebración dos 2º Xogos Populares do Entroido, das seis ás sete da tarde na Praza da Constitución. Os actos do Entroido continuarán durante as xornadas do martes e mércores cun amplo programa de actividades nas que haberá homenaxes ao deus Momo, verbena, comparsas e sepelio do deus Momo.
Descargar todas as imaxes