Zamáns convértese en escenario dunha andaina solidaria con Haití
Zamáns será escenario este sábado dunha andaina solidaria cos damnificados polo terremoto de Haíti que ofrece un percorrido de 15 kilómetros pola parroquia e polo monte Galiñeiro. A actividade dará comezo ás dez e media da maná na praza da Iglesia de Zamáns e terá unha duración aproximada de tres horas.
A citada actividade está organizada pola Asociación Cultural Karraskalrock de Zamáns e os seus beneficios irán íntegramante a unha conta corrente de Caixanova para a axuda ás vítimas do terremoto de Haití. Desde dito colectivo sinálase que a andaina non é unha competición deportiva porque se trata dunha xornada de paseo polo monte co fin de que se poda admirar e disfrutar das vistas da natureza. Cunha duración de tres horas, o percorrido da ruta ten unha dificultade media-baixa.
Os organizadores recordan que o percorrido no será pola orela do embalse, pois dita zona está impracticable para camiñar por ela, polo que esa ruta desenvolveráse no verán. Por iso, ás dez e media do sábado partirán da praza da Iglesia de Zamáns para subir polo alto de Herville cara ao monte Galiñeiro, facendo o traxecto por pistas forestais. Logo, unha vez cuberto o percorrido de ida, a baixada ao punto de orixe será pola outra ladeira para rematar na praza desde donde se salíu. Os participantes poderán degustar un cocido no bar Horacio de Zamáns.