mércores, 17 feb 2010
Coa vontade de que Vigo se convirta por un tempo nun campo de experimentación de ideas e actividades relacionadas co feito artístico, nace o proxecto Cidade de soños, un evento que xira en torno a tres convocatorias: una exposición de escultura denominada Natureza con arte, artistas na rúa e pegada e fume. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou hoxe mércores a mencionada cita que se desenvolverá entre os meses de abril e outubro, cun calendario no que resalta a participación de 1.800 persoas na elaboración por primeira vez na cidade dun gran mural de cerámica, previsto no parque de Castrelos, baixo o nome de Pegadas e fume.<br />
mércores, 17 feb 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou este mércores a singularidade do festival SinSal, que ofrecerá o seu seguinte concerto o 8 de abril no Museo Marco, coa actuación de Lisa Germano e Philip Selway, o batería da banda Radiohead. O nacionalista salientou asemade que se trata dun dos festivais de máis calidade e máis éxito da cidade, que presenta novamente, na súa octava edición, unha programación innovadora e comprometida.
mércores, 17 feb 2010
A partir do mércores 23 de febreiro comeza no MARCO un novo curso para adultos, impartido por Ana Pereira Molares, e destinado a persoas interesadas en coñecer os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea. Neste caso trátase dun curso cuadrimestral que baixo o título ‘A FOTOGRAFÍA. Historia doutra mirada’, analiza os principais movementos e autores da historia da fotografía, dende o seu nacemento ata as últimas tendencias.