O alcalde inaugurou a humanización da rúa Estrada, con 1,3 millóns de investimento e 26 empregos xerados
Abel Caballero acudiu hoxe mércores, xunto a varios membros do goberno local, á apertura da humanizada rúa Estrada, en Coia, unha "actuación profunda" e "especialmente brillante" que forma parte da humanización do barrio vigués. Nas rúas Marín, Baiona, Redondela e a propia Estrada, o Concello investiu 5,4 millóns de euros que xeraron case 150 empregos, dos que 40 procederon das listas do INEM de Vigo. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e distintos membros do goberno local abriron hoxe mércores oficialmente a humanizada rúa Estrada, en Coia, mellora que supuxo un investimento de 1,3 millóns de euros e a xeración de 26 empregos, dos que oito procederon das listas do INEM de Vigo.
Así o asegurou Abel Caballero ante os medios de comunicación, e apuntou que esta "actuación profunda" foi "especialmente brillante", e conta con arborado e xardineiras, papeleras, beirarrúas en granito e a renovación das redes soterradas de abastecemento e saneamento. En total, case 8.000 metros cadrados de actuación municipal.
A rúa Estrada pertence ao ámbito de Coia, barrio que está a ser humanizado cun investimento total no 2009 de 5,4 millóns de euros, destinadas ás melloras da propia Estrada, Baiona, Redondela e Marín. Estas humanizacións, ás que sumaránse outras melloras en 2010 e 2011, xeran case 150 empregos, dos que case 40 proveñen do desemprego, segundo informou o alcalde.
Abel Caballero asegurou estar "satisfeito" polo resultado desta humanización e avanzou que este ano continuarase co proceso de "humanizacións masivas" na cidade, dando respostas as demandas recibidas da cidadanía.
Descargar todas as imaxes