Escoitar

Últimas prazas do curso sobre Historia da Fotografía no MARCO

A partir do mércores 23 de febreiro comeza no MARCO un novo curso para adultos, impartido por Ana Pereira Molares, e destinado a persoas interesadas en coñecer os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea. Neste caso trátase dun curso cuadrimestral que baixo o título ‘A FOTOGRAFÍA. Historia doutra mirada’, analiza os principais movementos e autores da historia da fotografía, dende o seu nacemento ata as últimas tendencias.

mércores, 17 feb 2010
1266413746cursofotografiamarco.jpg
A posta en marcha deste curso coincide ademais cun ano no que a fotografía ten un especial protagonismo na programación do MARCO, coa próxima inauguración da exposición de CANDIDA HÖFER (26 de febreiro) e a retrospectiva de VIRXILIO VIEITEZ no mes de outubro.

Ata o martes 23 de febreiro continúa aberto o prazo de matrícula, que concluirá unha vez cubertas todas as prazas. Tanto o programa detallado do curso (que se achega) como as fichas de inscrición están dispoñibles na taquilla do MARCO (horario de 11.00 a 21.00 de martes a sábados, e de 11.00 a 15.00 os domingos) e na web www.marcovigo.com
Descargar todas as imaxes