O sepelio do deus Momo despide o Entroido 2010
Responsos, sermóns e cantos solemenes, dentro dos oficios laicos que se desenvolverán na Estación marítima de Ría, a partir das 20.30 horas do mércores, van a servir para despedir o Entroido 2010 en Vigo, unha celebración que desde o 12 de febreiro estimulou a participación cidadá no popular festexo e tamén a recuperación dalgúns elementos representativos do espirítu carnavaleiro implícito en vellas tradicións que estiveron presentes nas rúas e prazas do casco vello vigués.
O programa da derradeira xornada do entroido abrése a partir das seis da tarde na Estación Marítima de Ría coa presencia do catafalco do sepelio do rei Momo. Unha hora despois, as sete da tarde, as comparsas concentraránse en Serafín Avendaño para iniciar as 19.30 horas un percorrido de acompañamento a comitiva funerario pola seguiente ruta: Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Praza de Compostela, Carcía Olloqui e Peirao de Trasatlánticos.
O remate do mércores de entroido desenvolverase as 20.30 horas, na Estación Marítima, donde os participantes no sepelio do deus Momo poderán seguir os reponsos, sermóns, elevación das cinzas dos reis do entroido e lectura da acta do xurado dos premios dos premios do concursos convocados para esta celebación. Ao final, os congregados darán o berro de despedida: Que mal raio oe parta!, e dicir "QMROP".
Descargar todas as imaxes