O Concello recibiu do Estado o visto bo á humanización de nove rúas por valor de 12 millóns
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe luns da aprobación por parte do Goberno de España de oito proxectos presentados polo Concello con cargo ao novo Plan E do Estado. Trátase da humanización dun tramo de Tomás Alonso, Padre Don Rúa, Bolivia, López Mora, Pi y Margall, Santo Domingo, Conde Bárcena, San Salvador e Celso Emilio Ferreiro, que iniciaranse no prazo aproximado de tres meses. O rexedor confiou en que os proxectos restantes sexan validados próximamente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que o Goberno de España deu a súa aprobación o pasado venres a oito proxectos presentados polo Concello ao novo Plan E para 2010, o que supón a validación estatal á humanización de nove rúas viguesas por valor de 11,8 millóns de euros.
Abel Caballero sinalou que os proxectos de humanización aprobados responden á humanización de Tomás Alonso (cun investimento de 1,23 millóns de euros), Padre don Rúa e Bolivia (1,73 millóns de orzamento), López Mora (executada en dúas fases cun custo total de 3,57 millóns), Pi y Margall (3,11 millóns a realizar tamén en dúas fases), Santo Domingo, Condesa Bárcena e San Salvador (as tres cun investimento total de 1,41 millóns de euros), e Celso Emilio Ferreiro (que inclúe unha nova rotonda no enlace con Venezuela e Camelias, por valor final de 776.000 euros).
Segundo citou o rexedor vigués, a tramitación estatal "abreviada" dos proxectos permitirá que nun prazo aproximado de tres meses dean comezo os traballos, e "pouco antes" de tres meses tamén arrincarán as obras de mellora nas parroquias viguesas. As humanizacións seguirán os estándares de calidade habituais, con beirrarúas en granito, renovación das redes de saneamento e abastecemento, redistribución viaria e o axardinamento en superficie.
A Vigo correspondéronlle 32,2 millóns de euros do novo Plan E do Goberno de España para 2010, dos que 25,5 son destinados a investimentos. O alcalde mostrouse confiado en que próximamente sexan validados os proxectos municipais restantes, que chegan nun "momento oportuno" porque significará "a creación de miles de empregos nesta cidade", sumando o novo Plan E aos propios investimentos municipais recollidos no orzamento de 2010 e as melloras no rural.
Dúas semanas
O alcalde tamén deu conta en rolda de prensa da Xunta de Goberno Local celebrada este luns, na que aprobáronse os plans de seguridade e saúde da humanización de Regueiro e Tarragona, da construcción de beirarrúas na Avenida Santa Marina e de melloras en Baixada á Igrexa e Camiño Freixeiro.
A aprobación validada hoxe supón o último paso administrativo para o inicio efectivo das obras, que o alcalde estimou en dúas semanas. O investimento total nos tres proxectos ascende a 1,7 millóns de euros: 1,2 para a humanización no entorno de POVISA, 167.000 euros para a ampliación de calzada e recollida de pluviais en Baixada á Igrexa e Camiño Freixeiro, e 280.000 euros para as novas beirarrúas da Avenida de Santa Marina.
Descargar todas as imaxes