venres, 19 febreiro 2010

Santi Domínguez salienta que a Vigo Convention Bureau busca incrementar o turismo de negocios un 25% en tres anos<br />

O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, deu conta este venres do Plan Estratéxico aprobado polo padroado deste organismo para os vindeiros tres anos. Nunha presentación na que tamén participou o seu xerente, Javier Díaz Arnau, o tenente de alcalde salientou que entre os obxectivos operativos figuran o incremento do 25% do turismo de negocios, o 20% dos congresos organizados na cidade e o 20% dos ingresos nas empresas do sector.

O alcalde anuncia o inicio en dúas semanas da humanización da rúa Cañiza e do entorno da igrexa de Cabral

venres, 19 feb 2010

Así o asegurou Abel Caballero despois da aprobación dos plans de seguridade e saúde das dúas melloras, validadas este venres na Xunta de Goberno Local. Ambas reformas suman un total de 630.000 euros de investimento e forman parte dos 8 millóns que o Concello investirá no rural neste 2010. Noutra entrevista con responsables de Decathlon, o alcalde apuntou que a entidade prevé ampliar a súa presencia na cidade.

Abel Caballero aboga por unha parcela baixo o Museo Liste para o novo edificio do Colexio Altamar

venres, 19 feb 2010

Tras reunirse coa súa directora, o alcalde informou dunha proposta avalada por 2.000 sinaturas para ubicar o novo Colexio Altamar nunha parcela baixo o Museo Liste. Caballero pulsará a opinión dos pais, profesorado e veciñanza da zona para coñecer o apoio da alternativa e adoptar unha "decisión inmediata" que solvente o actual problema de espazo do centro. "Urbanísticamente é posible", asegurou o rexedor.

Anuncio da Xerencia de Urbanismo

Aprobacion inicial do expediente de normalizacion de predios da unidade reparcelatoria nº 1 de Bouzas (expte. 11153/411)

venres, 19 feb 2010

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 2 de febreiro de 2010 acordou aprobar inicialmente o proxecto de normalización de predios da "Unidade Reparcelatoria número 1" prevista como tal no PEPRI de Bouzas, contida no proxecto redactado polos arquitectos dona Úrsula Marta Bastos Riveiro e don Gustavo A. Alvarez-Valdes Gonzalez (data visado 3.09.2009).

ANUNCIO AREA DE MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

venres, 19 feb 2010

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 9 de marzo do ano en curso.