Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

Orde do día:

venres, 19 feb 2010
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 5


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 22 de FEBREIRO de 2010, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Actas anteriores. (Ss. 26.10.09 e 25.11.09)

2.- Intervención perante o Pleno da Corporación da presidenta do Comité de Empresa do Hospital da Cruz Vermella Vigo. Doc. 100020640.

3.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

4.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

5.- Dar conta de sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no RCA número PA.372/2005, interposto por Pompas Fúnebres Santa Cristina, S.L., relativa a ilegalidade do art. 18-3º da ordenanza municipal funeraria do ano 2000.

URBANISMO
6.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora da ITE. Expte. 2803/428.

DECLARACIÓNS INSTITUCIONAIS
7.- Declaración institucional co gallo do Día da Muller Traballadora o 8 de marzo.

MOCIÓNS
8.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa ó peche do hospital da Cruz Vermella. Doc. 100021166.

9.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando formular á Xunta de Galicia diversas peticións relacionadas co desemprego e a dinamización económica.

10.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando se restablezan políticas de equiparación e igualdade entre estudantes dos centros sostidos con fondos públicos. Doc. 90132945.

11.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular relativa á eliminación de multas por non identificación do condutor. Doc. 90146395

12.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular relativa ó novo modelo de financiamento autonómico. Doc. 901146402

13.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instar ó Ministerio de Industria o apoio ó sector do automóbil galego. Doc. 90146405

14.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando incrementar as medidas contra a violencia de xénero e campañas para a sensibilización social. Doc. 90146408.

15.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular de medidas para arranxo dos desperfectos producidos polas construtoras das humanizacións nos arredores do Casco Vello. Doc. 90146411.

16.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando modificar a ordenanza de normalización lingüística no relativo ó uso indistinto galego/castelán nas sesións Pleno. Doc. 90146415.

17.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular propoñendo instar ó Goberno Central e á Xunta de Galicia diversas medidas relativas ó benestar social. Doc. 90166665.

18.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando que se realice un mapa de iluminación da cidade e diversas melloras. Doc. 90166667.

19.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día VINTEDOUS DE FEBREIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 18 de febreiro de 2010

O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña.