Santi Domínguez salienta que a Vigo Convention Bureau busca incrementar o turismo de negocios un 25% en tres anos<br />
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, deu conta este venres do Plan Estratéxico aprobado polo padroado deste organismo para os vindeiros tres anos. Nunha presentación na que tamén participou o seu xerente, Javier Díaz Arnau, o tenente de alcalde salientou que entre os obxectivos operativos figuran o incremento do 25% do turismo de negocios, o 20% dos congresos organizados na cidade e o 20% dos ingresos nas empresas do sector.
"O Plan Estratéxico ten como obxectivo que Vigo sexa referente importante do turismo de negocios co obxectivo da desestacionalización e non depender da temporada estival", manifestou Santi Domínguez. Para acadar este obxectivo desglosou o calendario de actuacións deste ano 2010, no que a Vigo Convention Bureau estará presente en feiras internacionais, como as de Milán, Berlín e Londres; realizará viaxes promocionais a Reino Unido, Estados Unidos, Italia e Brasil; e terá tamén presenza nas feiras de congresos de Frankfurt, Budapest, Rimini e Barcelona.
O tenente de alcalde explicou que diversos touroperadores internacionais visitarán Vigo para comprobar como a cidade está preparada para acoller todo tipo de eventos. Neste sentido, en resposta aos medios sinalou que Vigo está capacitada para albergar eventos que reúnan entre 3.000 e 3.500 persoas.
A Fundación Vigo Convention Bureau ocuparase tamén da capacitación das empresas do sector. Ao respecto Santi Domínguez destacou que é preciso facilitarlles axuda "para que sexan capaces de acoller calquer tipo de evento" para o cal anunciou que se iniciará unha liña de formación para os sectores implicados. Asegurou que as empresas teñen que saber que contan con respaldo organizativo.
Ademais do incremento do turismo de negocios, do número de congresos e dos ingresos, Santi Domínguez salientou que a Vigo Convention Bureau tamén se propón que 100 profesionais internacionais visiten Vigo, o incremento do 70% do coñecemento da cidade entre os profesionais, e o aumento do 10% da participación de Vigo nas actuacións organizadas por Turgalicia e Turespaña.
Outro dos obxectivos mencionados por Santi Domínguez é chegar a ter 75 empresas integrando a Fundación. Neste sentido expresou a satisfacción do padroado polos pasos que se están dando dende a súa primeira xuntanza, celebrada hai un mes. Dende entón xa son 32 as empresas que se integraron na Vigo Convention Bureau, entre as que figuran hoteis, empresas de organización de eventos, axencias de viaxes, empresas de servizos informáticos, de márketing e publicidade e de cátering, que se unen á Asociación Agarimo de Turismo Rural do sur da provincia de Pontevedra e á Asociación de Hosteleiros de Vigo, Ahosvi. "Sumar 75 empresas en tres anos é perfectamente posible", asegurou.
Tamén manifestou o seu optimismo respecto aos orzamentos da fundación. En resposta aos xornalistas explicou que a partida correspondente a este ano ascende a 171.000 euros, dos que 120.000 son aportados polos socios fundadores, é dicir, o Concello de Vigo, a Universidade de Vigo, a Cámara de Comercio de Vigo, a CEP, Caixanova e o IFEVI. Segundo as previsións, os 51.000 euros restantes serán aportados polas empresas privadas que se integren no organismo, dos que este xa conta 33.000 euros. "Todo fai prever que se van a cumprir os obxectivos, xa que a fundación era un instrumento moi demandado polo sector turístico para promocionar a cidade", dixo o tenente de alcalde.
Finalmente, Santi Domínguez indicou que a sede da Fundación Vigo Convention Bureau estará nas dependencias do IFEVI. "Parece que é o máis axeitado que isto sexa así", comentou. Asemade, avanzou que unha vez que o Pazo de Congresos entre en funcionamento, a fundación terá alí outra sede operativa.