O Consello de Urbanismo aproba a proposta de suspensión de licenzas en Finca do Conde
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe a proposta de acordo de suspensión de licenzas en Finca do Conde, polo que dito ámbito sufrirá unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Vigo, segundo anunciou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, José Manuel Mariño Mendoza, quen engadiu que, unha vez aprobada en pleno a proposta, haberá que concretar a medida que se levará a cabo en dito ámbito, "donde se busca a legalidade urbanística para non incurrir nunha irresponsabilidade e novos problemas e sentenzas".
Una nova licenza na Finca do Conde, en lugar da suspensión aprobada, suporía caer nos mismos erros que levaron a sentenzas dos tribunais en contra da licenza que levarían a ilegalidades urbanísticas que motivarían derribos e o pago de importantes compensacións económicas. De acordo co aprobado hoxe na Xerencia Municipal de Urbanismo, quedan anuladas todas as licenzas e o planeamento na citada finca. De esta maneira, a partir de agora, se traballará na nova propuesta que busque resolver os problemas judicais que ten dito ámbito e os dotacionais que ten a cidade, subliñou Mariño.
O informe da proposta sobre o acordo de suspensión basease ante todo en que se traballe dentro da legalidade, supoña o menor dano aos cidadánms e o maior beneficio en asuntos dotacionais. Nese senso, o concelleiro de Urbanismo fixo fincapé en que a proposta está supeditada a que teña seguridade xurídica. Resolva problemas que poidan recaer sobre os veciños e se resolvan a necesidades dunha zona concreta da cidade de Vigo.
O concelleiro de Urbanismo aclarou que todos os informes de proposta nas diferentes fases do Plan Xeral iban firmados polo xerente de Urbanismo, "porque se é competente para facer as propostas de aprobación de todo un plan xeral, porque non é competente para modificar un 0,1% dun Plan Xeral".
O Consello da Xerencia tamén aprobou, entre outros asuntos da súa competencia, os relacionados con alleamento da parcela 3 do proxecto de compensación do Plan Parcial da Gandariña e a indemnización sustitutiva a favor da entidade mercantil Consultora Galega SL, polos servizos prestados na Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda nos cascos históricos de Vigo e Bouzas. Ademáis deuse conta dos expedientes de licenza de obras, actividades e instalacións resoltos polo delegado da Área de Urbanismo e Vivenda.
Escombros no porto
En relación co derribo levado a cabo pola Autoridade Portuaria de Vigo na zona da estación marítima, o concelleiro de Urbanismo indicou que o único que está permitido en dita zona é a retirada de escombro, segundo o auto do xuíz. "Hai técnicos do Concello que levantarán un novo informe co obxectivo de que o xulgado tome as medidas oportunas, porque non se está executando ni a orde da Xerencia de Urbanismo, de retirada de escombro, nin o auto do xulgado de retirada de escombro e apuntalamento das partes en pé, polo tanto a presidente do porto Corina Porro está incumprindo unha vez máis dúas resolucións", dixo Mariño.
Descargar todas as imaxes