O tenente de alcalde convida á cidadanía a visitar "Xoias da Colección Álvarez" para coñecer a riqueza patrimonial de Vigo <br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este xoves nunha visita guiada á exposición "Xoias da Colección Álvarez: Esplendor cerámico de Vigo", que se inaugura hoxe na Casa das Artes, e afirmou que a mostra é un exemplo máis da riqueza cultural e patrimonial de Vigo. No transcurso do percorrido, no que tamén participaron os concelleiros de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, Cultura, Xesus López, e Deportes, Xabier Alonso, o tenente de alcalde convidou á cidadanía a visitar a exposición, xa que é unha oportunidade única para "coñecer unha parte fundamental do noso patrimonio industrial".
Santi Domínguez salientou que "Xoias da Colección Álvarez", integrada por 180 pezas que pertencen á colección do museo da fábrica propiedade do Concello, contribúe decisivamente a incrementar os referentes que Vigo precisa. "Temos razóns dabondo no noso patrimonio e na nosa cultura para crernos que somos unha gran cidade", manifestou o tenente de alcalde. Asemade, destacou que a exposición mostra que a cidade tamén ten homes e mulleres emprendedores, que foron capaces de apostar polo traballo e a innovación, en referenza ao xerente do Grupo de Empresas Álvarez dende 1941 a 1975, Moisés Álvarez O'Farril, co que acadou a súa máxima puxanza.
"Agardo que esta exposición sexa un fito no seu número de visitantes", comentou o tenente de alcalde, quen expresou os seus parabéns a comisaria da mostra, Beatriz de Liz, polo seu traballo na catalogación das pezas, levado a cabo nos últimos meses, e a montaxe da exposición. Na súa intervención, a comisaria fixo un repaso á evolución do grupo, dende a creación de Manuel Álvarez e Hijos no ano 1927 ata á intervención de GEA por parte do INI, tras a morte en 1975 de Moisés Álvarez.
A mostra ofrece, agrupando os obxectos en distintas seccións, un itinerario que vai dende os procesos de fabricación a partir dos modelos, á decoración, tanto manual como mediante calcografía. A comisaria destacou que Álvarez sempre foi unha empresa punteira, xa que contaba coas mellores instalacións e maquinaria do momento. Asemade, como anécdota que ilustra a calidade dos traballadores da empresa, sinalou que o xefe da sección artística, José Fuentes Fuentes era capaz de pintar simultaneamente coas dúas mans.
O concelleiro de Patrimonio Histórico destacou que a posta en marcha da exposicón ten sido posible pola conxunción de "esforzo, capacidade e cariño" e que permite descobrir unha parte importante dos tesouros da cidade. Respecto á inauguración oficial que tera lugar esta tarde, Eudosio Álvarez anunciou que haberá diversas sorpresas e indicou, en resposta aos medios, que tras a clausura da mostra o vindeiro 18 de abril, as pezas se trasladarán a unha sala específica do Museo Quiñones de León.
Descargar todas as imaxes