O alcalde anuncia o inicio en dúas semanas da humanización da rúa Cañiza e do entorno da igrexa de Cabral
Así o asegurou Abel Caballero despois da aprobación dos plans de seguridade e saúde das dúas melloras, validadas este venres na Xunta de Goberno Local. Ambas reformas suman un total de 630.000 euros de investimento e forman parte dos 8 millóns que o Concello investirá no rural neste 2010. Noutra entrevista con responsables de Decathlon, o alcalde apuntou que a entidade prevé ampliar a súa presencia na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que en "aproximadamente dúas semanas" darán comezo a humanización da rúa Cañiza e o acondicionamento do entorno da igrexa de Cabral.
A Xunta de Goberno Local validou hoxe venres os plans de seguridade e saúde de ambas reformas, que suman un investimento total de 630.000 euros, 207.000 na rúa Cañiza e 425.000 en Cabral.
Ambas melloras forman parte do plan de renovación do rural, para o que Concello ten reservada unha partida de oito millóns de euros, que serán investidos neste ano 2010.
Decathlon
O alcalde mantivo esta mañá unha entrevista con distintos responsables da firma deportiva, xa instalada no Meixueiro, quenes transmitiron formalmente ao rexedor a súa vontade de ampliar a súa presencia na cidade de forma "moi significativa".
Aínda que Caballero non detallou o contido dos plans da empresa francesa para Vigo, o alcalde apuntou que continuarán próximamente as conversas para concretar os proxectos de Decathlon na cidade.