venres, 16 mai 2008
A cidade presentou este ano por primeira vez a súa oferta turística na feira "Expovaciones" que se celebra en Bilbao e na que están representados 25 países e todas as comunicades autónomas. O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, viaxou a Bilbao para apoiar a presentación da oferta de Vigo, que está integrada no pavillón de Turgalicia.
venres, 16 mai 2008
Tras ser levada ao Monte do Castro no ano 1965, este venres foi devolta a escultura de Manuel Curros Enriquez á Alameda de Vigo, o lugar que ocupou desde que se inaugurou no ano 1911. Este ano se cumpre o centenario do pasamento do escritor e os alcaldes de Vigo e de Celanova inauguraron o retorno do busto ao seu emprazamento orixinal.
venres, 16 mai 2008
A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, reivindicou este venres a importancia da figura de Xosé María Álvarez Blázquez para Vigo no acto de inauguración da exposición "Álvarez Blázquez. Arqueólogo de Vigo" no museo de Castrelos. A mostra, que pode visitarse dende hoxe e ata o 20 de xullo, reflicte a traxectoria de quen foi o primeiro comisario local das excavacións arqueolóxicas da cidade dende 1949 e impulsor da creación da sección de arqueoloxía do museo, da hemeroteca municipal e da conservación dos restos arqueolóxicos do municipio, e a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. <br />
venres, 16 mai 2008
Unha ruta a pé pola rúas da cidade para coñecer os lugares onde foi protagonista a lingua galega, obradoiros no Verbum e o Marco, exposicións no museo "Quiñones de León", teatro , un xantar-romería en música en Castrelos son as actividades que organiza o Concello de Vigo o día 17 de maio con motivo do "Día das Letras Galega"
venres, 16 mai 2008
Un total de cento vinte mulleres participarán no primeiro obradoiro erótico, denominado "Os praceres de Lola", organizado pola Concellería de Igualdade, segundo anunciou hoxe a concelleira Iolanda Veloso. "Dar a coñecer aspectos da sexualidade feminina nun ambiente distendido e relaxado dende unha perspectiva feminista é o obxectivo fundamental desta iniciativa, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello", subliñou a concelleira de Igualdade.
venres, 16 mai 2008
A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo realizará un concerto no auditorio do cárcere da Lama o 17 de maio "Día das Letras Galegas" as 17:30 horas. Este concerto está organizado pola Asociación penitenciaría "Concepción Arenal" que estuda e colabora coa reinserción social dos liberados.
MOBILIDADE E SEGURIDADE
venres, 16 mai 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral quea partires das 08:00 horas do próximo luns dia 19 de maio, e por mor das obras de construcción do aparcadoiro soterrado das rúas García Barbón e Policarpo Sanz, a circulación cara o centro urbano polas rúas Paseo de Alfonso XII, Elduayen e Policarpo Sanz quedará prohibida, agás para o transporte público (BUS e TAXI).<br />