mércores, 14 mai 2008
O Delegado Provincial da Consellaría de Educación, José Armando Cristobal, confirmou este mércores ao alcalde, Abel Caballero, que se construirá un novo centro para o colexio Virxe do Rocío, na parte baixa da estrada e cun investimento de 1,8 millóns de euros. Ademáis, a Consellaría edificará novos centros para o CEIP Altamar, o CEIP Vicente Risco e o Colexio Caixanova, na finca de San Roque.
mércores, 14 mai 2008
Baixo o lema "365. En galego cabe todo", arredor de 3.000 rapaces e rapazas se deron cita na Praza do Rei para participar no Correlingua 2008. E a eles se dirixiron o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, para animalos a empregar o galego en todas as facetas da súa vida. "En galego pódese ler, escribir, facer deporte e ata ligar", sinalou o tenente de alcalde, quen tamén animou aos participantes no Correlingua a pedirlle aos seus pais, nais, profesores e profesoras a usar o galego nas súas diferentes actividades.
mércores, 14 mai 2008
<br />
"Mellorar a calidade de vida das persoas maiores" é, segundo salientaron o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o obxectivo principal do Programa de avellentamento activo que desenvolve este departamento. Nesta iniciativa, que se leva a cabo en seis asociacións de veciños, na Cruz Vermella, na Escola Municipal de Danza e no Pavillón Municipal de As Travesas, participan xa máis de mil persoas.
mércores, 14 mai 2008
<br />
Abel Caballero visitou este mércores as dependencias da Fundación ONCE en Vigo, e solicitou a súa cooperación para garantir a accesibilidade de todos os proxectos postos en marcha polo Concello de Vigo. Do mesmo xeito, ofreceuse a colaborar coa entidade no que precisen.
mércores, 14 mai 2008
Este mércores deu comezo a tempada de limpeza de praias, e o alcalde recibíu aos 18 novos traballadores contratados este ano polo Concello para realizar este servizo. Estes, sumados aos 6 funcionarios municipais, aos 22 traballadores que aporta a empresa concesionaria FCC e aos 13 máis solicitados á Deputación de Pontevedra, se encargarán da limpeza das 35 praias viguesas.
mércores, 14 mai 2008
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez , presentou este mércores Galiexpo Motor Show, o salón que unirá no IFEVI, os días 13,14 e 15 de xuño expositores de túning, turismos, automóbiles clásicos, todoterreos e motos con espectáculos e animación relacionados co mundo do motor.
mércores, 14 mai 2008
Museo Liste dedica esta semana unha programación especial a conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos. Dende o día 13 ata o día 18 o acceso ó Museo será de balde e nestes días os visitantes desfrutarán de visitas guiadas, poderán ve-lo "Maio" e para os máis pequenos haberá xogos, enredos e actividades en relación coa figura de X.M. Alvárez Blázquez.