3.000 rapaces e rapazas participan en Vigo no Correlingua 2008
Baixo o lema "365. En galego cabe todo", arredor de 3.000 rapaces e rapazas se deron cita na Praza do Rei para participar no Correlingua 2008. E a eles se dirixiron o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, para animalos a empregar o galego en todas as facetas da súa vida. "En galego pódese ler, escribir, facer deporte e ata ligar", sinalou o tenente de alcalde, quen tamén animou aos participantes no Correlingua a pedirlle aos seus pais, nais, profesores e profesoras a usar o galego nas súas diferentes actividades.
No Correlingua participaron un total de 35 centros escolares dos Concellos de Vigo, O Porriño, Mos, Moaña, Cangas e As Neves, dos que 471 escolares pertencen a educación infantil, 1.698 a educación primaria, e 846 a secundaria. A marcha saíu pasadas ás 11 da mañá da praza do Rei e a ameaza de chuvia non disipou as gañas de pasalo ben e manifestarse a prol do galego, "a única lingua que é completamente nosa", subliñou o tenente de alcalde.
Tras percorrer a avenida das Camelias, a praza da Independencia, a praza de América e avenida de Castrelos, as nenas e os nenos participantes chegaron ao parque de Castrelos, onde tivo lugar a lectura do manifesto Correlingua 2008. Posteriormente, os rapaces e rapazas puideron gozar coas actuacións musicais e teatrais previstas, ademais de recibir un agasallo para lembrar o día.
MANIFESTO CORRELINGUA 2008 "365. En galego cabe todo":
"3 + 1 estacións: primavera, verán, outono, inverno;
6 x 2 meses dura un ano,
5 x 3 estrofas (e unha máis) escribimos neste manifesto.
En galego, todo o tempo.
315 concellos galegos,
6 continentes na Terra,
5 océanos no mundo.
En galego, por todas partes.
3 son os Reis Magos,
6 de Xaneiro, o día que veñen,
5 regalos que lles pedimos.
En galego, soñamos tod@s
3 unllas ten o xabaril,
6 patas ten unha mosca,
5 dedos ten un mono.
En galego, toda a fauna.
3 MP,
6 XB,
5 MB,
En galego, coas novas tecnoloxías.
3’14 é pi,
6´01 euros son 1000 ptas,
5 litros nunha garrafa de auga.
En galego, contamos tod@s
3 Audi A
6 00 (SEAT)
5 Renault
En galego, todo marcha.
3 veces 6 e volves para a casa,
6 e repites tirada,
5 podes saír no parchís.
En galego, xogamos tod@s
3 pistóns ten unha trompeta,
6 cordas unha guitarra,
5 compoñentes un quinteto.
En galego, toda a música
3 Playstation
6 Queixos ten o trivial
5 Pro Evolution Soccer
En galego queremos "viciar" tod@s.
3º da ESO en galego,
6º de PRIMARIA en galego,
5 anos Infantil en galego.
En galego, aprendemos tod@s
3 medallas: ouro, prata e bronce,
6 xogadores de Volei,
5 xogadoras de fútbol sala.
En galego facemos deporte
3 xornais en galego,
6 cadeas de televisión en galego,
5 emisoras de radio en galego.
En galego, todos os medios.
300 páxinas web en galego,
6000 fotologs en galego,
50000 vídeos en Youtube en galego.
En galego navegamos tod@s.
3 km de Correlingua,
6 toneladas de libros,
5 billóns de mensaxes de móbil.
En galego sumamos tod@s
3 millóns de galeg@s,
6 centos mil inmigrantes,
5 millóns de emigrantes.
En galego falamos tod@s.
365. En galego cabe todo: tempo, espazo, soños, fauna, novas tecnoloxías, mates, coches, xogos, música, vicios, ensino, deporte, medios de comunicación, webs, falantes… e as 24 palabras que ti lle engadas para chegarmos a este número máxico:
365 días en galego.
Descargar todas as imaxes
Tras percorrer a avenida das Camelias, a praza da Independencia, a praza de América e avenida de Castrelos, as nenas e os nenos participantes chegaron ao parque de Castrelos, onde tivo lugar a lectura do manifesto Correlingua 2008. Posteriormente, os rapaces e rapazas puideron gozar coas actuacións musicais e teatrais previstas, ademais de recibir un agasallo para lembrar o día.
MANIFESTO CORRELINGUA 2008 "365. En galego cabe todo":
"3 + 1 estacións: primavera, verán, outono, inverno;
6 x 2 meses dura un ano,
5 x 3 estrofas (e unha máis) escribimos neste manifesto.
En galego, todo o tempo.
315 concellos galegos,
6 continentes na Terra,
5 océanos no mundo.
En galego, por todas partes.
3 son os Reis Magos,
6 de Xaneiro, o día que veñen,
5 regalos que lles pedimos.
En galego, soñamos tod@s
3 unllas ten o xabaril,
6 patas ten unha mosca,
5 dedos ten un mono.
En galego, toda a fauna.
3 MP,
6 XB,
5 MB,
En galego, coas novas tecnoloxías.
3’14 é pi,
6´01 euros son 1000 ptas,
5 litros nunha garrafa de auga.
En galego, contamos tod@s
3 Audi A
6 00 (SEAT)
5 Renault
En galego, todo marcha.
3 veces 6 e volves para a casa,
6 e repites tirada,
5 podes saír no parchís.
En galego, xogamos tod@s
3 pistóns ten unha trompeta,
6 cordas unha guitarra,
5 compoñentes un quinteto.
En galego, toda a música
3 Playstation
6 Queixos ten o trivial
5 Pro Evolution Soccer
En galego queremos "viciar" tod@s.
3º da ESO en galego,
6º de PRIMARIA en galego,
5 anos Infantil en galego.
En galego, aprendemos tod@s
3 medallas: ouro, prata e bronce,
6 xogadores de Volei,
5 xogadoras de fútbol sala.
En galego facemos deporte
3 xornais en galego,
6 cadeas de televisión en galego,
5 emisoras de radio en galego.
En galego, todos os medios.
300 páxinas web en galego,
6000 fotologs en galego,
50000 vídeos en Youtube en galego.
En galego navegamos tod@s.
3 km de Correlingua,
6 toneladas de libros,
5 billóns de mensaxes de móbil.
En galego sumamos tod@s
3 millóns de galeg@s,
6 centos mil inmigrantes,
5 millóns de emigrantes.
En galego falamos tod@s.
365. En galego cabe todo: tempo, espazo, soños, fauna, novas tecnoloxías, mates, coches, xogos, música, vicios, ensino, deporte, medios de comunicación, webs, falantes… e as 24 palabras que ti lle engadas para chegarmos a este número máxico:
365 días en galego.