O alcalde presencia un contacontos en inglés con 25 escolares
Os alumnos de 5º de primaria do CEIP Pintor Laxeiro presenciaron xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, un dos 75 Contacontos en inglés que se están a levar a cabo en 32 centros da cidade. Esta actividade forma parte do programa "Vigo Activities", organizado pola Concellaría de Educación, que procura mellorar o nivel de inglés dos estudantes vigueses.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presenciou este martes un dos 75 contacontos en inglés que se están a levar a cabo entre os meses de abril e xuño en 32 centros de Vigo.
Abel Caballero e 25 alumnos de 5º de primaria do CEIP Pintor Laxeiro puideron escoitar durante unha hora os cinco relatos curtos de contos populares de distintas partes do mundo, que inclúen traballo en valores, impartidos por un nativo.
O alcalde mostrouse "sorprendido" pola "capacidade de entendemento de inglés" dos nenos e nenas do Pintor Colmeiro nesta altura do curso. Abel Caballero salientou a importancia que está a adquirir estas actividades nos centros escolares, que se "verán completadas" este verán coas estancias dun mes en Inglaterra dos nenos de 12 e 13 anos. O alcalde subliñou o "éxito absolutamente espectacular" do programa municipal.
1375 escolares
As 75 sesións de Storytelling, ou contacontos, organizadas pola Concellaría de Educación do Concello de Vigo, serán presenciadas por 81 aulas de 5º e 6º de primaria, de 32 centros vigueses, entre o 22 de abril e o 13 de xuño. Deste xeito, un total de 1.375 escolares da cidade participarán deste proxecto, enmarcado no programa educativo municipal.
"Vigo Activities"
A proposta didáctica se desenvolve nos centros de ensino que así o solicitaron, e inclúe distintas actividades de promoción, reforzo e mellora da lingua inglesa.
Este programa da continuidade a Aulas Internacionais, xa posto en marcha pola Concellaría de Educación, para fomentar o inglés falado entre o alumnado de 6º sexto de primaria dos colexios públicos de Vigo, como unha ferramenta para acadar o mellor coñecemento oral desta lingua.
Desde o pasado ano ata este 31 de marzo, o Servizo de Educación creou 43 Aulas Internacionais en 37 centros públicos que involucraron a 791 alumnos de 5º e 6º de primaria, dirixidas por monitoraxe cualificada con experiencia práctica contrastada, que dinamizou conversas e actuacións, ao redor de cadanseu centro de interese semanal, a tratar en dúas sesións semanais de noventa minutos.