Escoitar

Un novo sistema informático rematará coas colas na Lonxa do Concello

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns por un valor de máis de 14.500 euros o sistema de xestión de espera que permitirá rematar coas colas na lonxa do Concello. A partires da súa instalación, "nun prazo inmediato", os cidadáns contarán cun punto de atención que expedirá boletos personalizados dependendo do servizo do que precisen. Ademais, o goberno cambiará a cuberta da lonxa para terminar coas pingueiras.

luns, 12 mai 2008
1210672326rexistroxeral1.jpg
Os vigueses xa non terán que gardar colas de pé para realizar as súas xestións la lonxa do Concello. O goberno local ven de aprobar a adxudicación dun sistema informático que permitirá aos cidadáns obter o seu número personalizado para cada servizo municipal.

O novo sistema, adxudicado por un valor de 14.534 euros, conta cun monitor táctil de 17" no que o usuario fai a súa demanda de servizo, recibe o número correspondente á súa quenda e unha gran pantalla lle informa do momento no que lles toque. A xestión de espera, avanzou o alcalde, estará en funcionamento "en prazo inmediato".

Este equipamento operará para catro servizos: información, rexistro, estatística e outro máis que o Concello determine; aínda que pode ser ampliado ata os 30, co que cubrirá a sinalización de todos os puntos de atención da lonxa que precisen do dispositivo.

O alcalde, Abel Caballero, avanzou que o goberno, con esta medida, trata de reforzar o servizo nas xanelas de Padrón e Estatística, que asume na actualidade importantes colas. Ademais, o Concello recibiu 100 novos bancos para instalar na cidade, algúns dos cales se destinarán a aumentar os asentos na lonxa do Edificio Consistorial, salientou o alcalde.

Substitución da cuberta
O goberno local cambiará asemade, e por contratación de emerxencia, a cuberta da lonxa, obra cun orzamento de execución que ascende aos 137.560 euros. A substitución pasa pola desmontase da estrutura existente de placas de policarbonato, a colocación de perfilería de aluminio lacado branco e o acristalado en dobre vidro.

A obra durará aproximadamente dúas semanas, e rematará coas pingueiras que asolan a lonxa nos días de fortes choivas. O detonante foron as caídas o pasado 8 de maio, que fixeron necesaria a substitución urxente da cuberta.

Descargar todas as imaxes