Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche parcial da rúa Pardaíña

<br />

luns, 12 mai 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación dun muro, a realizar pola empresa Obras y Reformas Xerescón S.L., estará pechado un sentido de tráfico na rúa Pardaíña (Alcabre), treito entre Castro e Alonso e Av Atlántida, con acceso exclusivo pola Avda. Atlántida, dende o mércores 14 de maio de 2008 ás 10.00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.