Iolanda Veloso presenta a nova páxina web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns a nova páxina web deste departamento, <a href='http://www.igualdadevigo.org '> http://www.igualdadevigo.org </a>, que nace co obxectivo de achegar á cidadanía todos os servizos que ofrece a Concellería de Igualdade do Concello vigués. "Este novo recurso intégrase na campaña informativa que estamos a desenvolver", sinalou a edil, quen explicou que o emprego dos novos soportes é unha das características da campaña divulgativa.
"Queremos facer visible a función desta concellería, plasmada mesmo co cambio de nome", salientou a concelleira. Iolanda Veloso explicou que co cambio de Concellería de Muller a Concellería de Igualdade reflicte claramente cal é o seu obxectivo. "A loita pola igualdade non pode ser un traballo feito polas mulleres para as mulleres, senón que necesita da implicación de toda a sociedade", subliñou a edil do BNG.
Neste sentido, a nova web de Igualdade inclúe novidades da concellería, convocatorias, actividades, publicacións, e diferentes servizos muncipais como o de atención as 24 horas (986 293 963), a consulta xurídica on line, a oficina virtual, ou material sobre coeducación, "porque a educación é o primeiro aspecto a traballar para acadar a igualdade". A concelleira sinalou que tamén hai outros apartados sobre violencia de xénero, muller e deporte, e lexislación vixente, así como distintos enlaces, asociacións de mulleres e cifras das memorias dos servicios que se ofrecen dende o Concello.
Iolanda Veloso explicou que, ademais da nova páxina web, a concellería vén de editar unha axenda correspondente ao 2008, que inclúe doce imaxes de mulleres distintas, fóra dos modelos sexistas que habitualmente mostran os medios; pola contra, reflicten os avances das mulleres nos distintos eidos, como a cultura, a investigación, a política, o asociacionismo ou a tecnoloxía, entre outros. Así, as doce imaxes representan a mulleres de distintas idades, con distintas ocupacións e con distintos xeitos de ocupar o tempo de lecer. "Por outra banda, na axenda se lembran os días de especial conmemoración, como é o 8 de marzo e o 25 de novembro, así como unha reseña da reivindicación dos dereitos das mulleres e unha crítica sobre o que aínda custa conseguir a igualdade de dereitos e oportunidades", sinalou a concelleira.
A axenda, que recolle información sobre os servizos especializados dependentes da concellería e da que se editaron 10.000 exemplares, estase a distribuír entre toda a sociedade, tanto nas asociacións veciñais, como nos centros de ensino, pero tamén se pode recoller na propia oficina de Igualdade. A este soporte engádese a distribución de 20.000 folletos nos que se presenta dun xeito máis tradicional a información dos servizos municipais especializados no eido da muller. "Queremos facer chegar todos os recursos da Concellería a toda a cidadanía e ofrecer os distintos espazos a todas as persoas que precisen algún tipo de información", salientou a concelleira de Igualdade.
Descargar todas as imaxes