Escoitar

O alcalde visitará San Miguel de Oia para atender ás reclamacións dos seus veciños

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este luns aos representantes da A.VV. Centro Sociocultural San Miguel de Oia, quenes lle transmitiron as necesidades da parroquia, sobre todo en materia de beirarrúas e asfaltados. O alcalde comprometeuse a comprobar in situ o estado da zona, e avanzou que se humanizará a unión da praia de Canido coa rúa Arquitecto Cominges.

luns, 12 mai 2008
1210600077oia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns un encontro con representantes da Asociación de Veciños Centro Sociocultural San Miguel de Oia, no que trasladaron ao rexedor municipal as principais necesidades e carencias da zona.

As reclamacións fundamentais pasan pola instauración ou mellora das beirarrúas e o asfaltado, a iluminación e as marquesiñas da parroquia. Abel Caballero comprometeuse a visitar San Miguel de Oia para comprobar e revisar in situ cada unha das necesidades postas enriba da mesa polos veciños.

O alcalde xa avanzou que se levará a cabo a humanización da unión da praia de Canido coa rúa Arquitecto Cominges, coñecida como a estrada cortada.
1210600077oia.jpg
1210606469oia.jpg
1210606471oia.jpg
Descargar todas as imaxes