Inauguración no Verbum da exposición "O Vieiro da Franqueira"
A exposición temporal "O Vieiro da Franqueira" que se inaugura o martes día 13 de maio ás 12.30 horas no museo Verbum-Casa das Palabras e que se poderá disfrutar ata o domingo 25, contará coa presenza do Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Xesús López Carreira, do Director Xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza Rodríguez, e dos alcaldes dos concellos integrantes da Asociación Intermunicipal "Vieiro da Franqueira".
Exposición financiada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza e da Consellería de Medio Ambiente que pretende amosar as bondades dunha ruta de 42 kms. que comeza na galla do camiño, en Soutomaior e Redondela, e que remata no santuario da Franqueira. Pasa polos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, Ponteareas e a Franqueira.
O camiño serve de vieiro para os romeiros que acuden ás festas da Franqueira, en marzo e setembro; pero pretende ser tamén unha alternativa para os que teñen por costume facer turismo verde, xa sexa andando ou en bicicleta. No seu traxecto hai unha variedade de elementos singulares que constitúen un atractivo para os amantes da natureza e da arquitectura tradicional ou relixiosa, repartidos por localidades tan emblemáticas como Mondariz-Balneario, lugar de repouso no camiño da Franqueira.
Descargar todas as imaxes