Escoitar

O programa de concertos de Vigo amplíase coas actuacións de Estopa, Pereza e La Quinta Estación

"Continuamos poñendo a Vigo nos circuítos máis potentes de concertos internacionais", salientou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen anunciou que ás actuacións xa presentadas de Bob Dylan, Lenny Kravitz e The Quemical Brothers, entre outros, se suman as de Estopa o 28 de xuño, Pereza o 4 de xullo, e La Quinta Estación o 2 de agosto. Ademais, Santi Domínguez, indicou que con estes concertos tamén se está a cumplir o obxectivo de potenciar o Instituto Feiral de Vigo, posto que Estopa e Pereza actuarán neste recinto, mentres que o concerto de La Quinta Estación será en Castrelos.

venres, 9 mai 2008
1210336182concertos.jpg
O tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura, Xesus López, coincidiron en subliñar a súa satisfacción por ter confeccionado "un cartel de luxo", ao que se está tratando de engadir máis concertos a esta lista, "pero se anunciarán cando estean totalmente pechados", matizou Santi Domínguez, quen engadiu que no IFEVI xa están "practicamente rematadas" as obras que se están levando a cabo na nova nave. Neste sentido sinalou que os promotores dos concertos de Bob Dylan e Lenny Kravitz "xa deron o seu visto bo ás reformas", aínda que a execución das gradas retractis están en fase deadxudicación e estarán a punto no 2009.

"Os obxectivos propostos se están logrando dunha forma brillante, posto que falabamos que queriamos convertir á cidade nun gran referente dos concertos e o estamos conseguindo", asegurou Xesus López. O edil do BNG explicou que o concerto de Estopa terá lugar no IFEVI, o 28 de xuño, xusto o día seguinte da actuación de Bob Dylan. O grupo catalán presentará na cidade o seu último traballo, "Allenrock", do que xa saíron á rúa os sinxelos "Cuando amanece" e "Cuerpo triste". Pereza, pola súa banda, actuará tamén no IFEVI, o día 4 de xullo. O seu último disco, "Aproximaciones", conta con aparicións estelares de músicos da talla de Mick Taylor (ex guitarrista dos Rolling Stones, Xoel López (Deluxe), Juan Aguirre, Quique González e Iván Ferreiro, entre outros. O prezo das entradas para estes concertos, que terán lugar no IFEVI, rondará os 20 euros, segundo sinalou o concelleiro de Cultura, e poderán mercarse a través de Caixanova, ben a través do teléfono 902.504.500 ou de www.caixanova.es. Mentres que para o concerto de Estopa estarán á venda 6.000 entradas, para o de Pereza serán 4.000.

A actuación de La Quinta Estación, un dos grupos de máis éxito do panorama musical da actualidade e máis premiado o pasado ano, terá lugar no auditorio de Castrelos, o día 2 de agosto. Dous anos despois da publicación do seu último disco, "El mundo se equivoca", e coincidindo co seu nomeamento aos "Premios MTV Europa" como "Mejor Artista Español", o grupo publica una caixa con dous CD e dous DVD que reúne a súa exitosa traxectoria. Con este concerto amplíanse as actuación programadas para Castrelos, xa que este recinto acollerá a figuras como Roger Hodgson (ex Supertramp) o 23 de xullo, e Rubén Blades o 30 de xullo. Segundo Xesus López, coa organización destas actuacións "mantemos a liña de celebración de concertos populares no auditorio de Castrelos e na Estación Marítima, que se presentarán proximamente".
Descargar todas as imaxes