Moneo podería encargarse da reordenación arquitectónica da Praza do Rei
O Concello quere que Rafael Moneo, con quen xa se mantiveron contactos previos, sexa o encargado de reformar a Praza do Rei. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o arquitecto mostrouse "moi interesado" e visitará Vigo "este mes" para estudar as posibilidades de mellora do edificio do Concello, a futura Biblioteca do Estado, a chegada desde A Falperra e o cruce de Venezuela con Camelias e a subida a O Castro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo pública este xoves a súa intención de que o afamado arquitecto Rafael Moneo sexa o encargado de reformar o contorno da Praza do Rei. Alcalde e arquitecto xa mantiveron reunións previas nas que Moneo mostrouse "moi interesado" polo proxecto, interese que se concreta na visita que fará a Vigo "este mes".
A idea do goberno local é reconfigurar toda a Praza do Rei, incluídos o edificio do Concello, a futura Biblioteca do Estado, a chegada desde A Falperra, as entradas a Camelias e Venezuela, e a zona de confluencia de Marqués de Alcedo e á subida a O Castro. O alcalde puxo a data "non pechada" do 19 de maio para a visita do arquitecto á cidade.
A reordenación da Praza inclúe a construción da Biblioteca do Estado nun lateral da mesma, e Abel Caballero avanzou hoxe que o Miniterio de Xustiza púxose o pasado mércores en contacto co Concello para acelerar a cesión de terreos. Pola súa banda, o edificio do Concello será tamén reformado. O alcalde contactou, segundo salientou, coa Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia para rehabilitar a edificación.
A lonxa, de urxencia
O próximo luns, o goberno local vai proceder por vía de urxencia á reparación da lonxa do Concello, xa que este mércores, coas fortes choivas, o auga entraba "como se fose unha cascada", comentou o alcalde, "o que é absolutamente inaceptable". O proxecto xa está elaborado e, para aceleralo, o luns entrará en via de urxencia.
Descargar todas as imaxes