Escoitar

A duna e o paseo da praia de Rodas estarán acondicionados o próximo verán

O alcalde e o Presidente do Parque Illas Atlánticas revisaron este xoves as actuacións pendentes, como a recuperación da ubicación orixinal da duna para o verán de 2009, co paseo por detrás da mesma. Ademais tratouse a reparación do molle de Rodas, a recuperación do deseño orixinal do local e a rehabilitación da ponte de pedra entre as dúas partes da isla. Para este último proxecto, Abel Caballero quere contar cunha "figura da arquitectura e o urbanismo de talla mundial".

xoves, 8 mai 2008
1210251703Imagen0561.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente do Parque Illlas Atlánticas, Manuel Vidal, mantiveron este xoves un encontro no que revisaron todos os proxectos e actuacións pendentes nas Cíes.

A primeira das mesmas foi a reparación do molle de Rodas, en situación "deficiente", segundo o alcalde, e a reforma do local sito no mesmo. Existe un acordo inicial alcanzado co propietario do local para recuperar a fábrica orixinal e o edificio no seu deseño orixinal.

Por outra banda, o paseo de entrada a Rodas pasará a estar situado detrás da duna e non a través dela, como ata o de agora. O obxectivo é que a duna ocupe o seu lugar orixinal. Este "proxecto medioambiental notable", en verbas do alcalde, iniciaría as obras de adaptación este setembro para que estea acondicionado no verán de 2009.

Asemade, Manuel Vidal e Abel Caballero trataron a rehabilitación da ponte de pedra que une as dúas partes da isla. O alcalde avanzou que quere encargar o novo deseño a "unha figura da arquitectura e o urbanismo de talla mundial", xa que o entorno privilexiado o xustificaría a pesar de ser unha obra pequena. Así o proporá Abel Caballero á Dirección Xeral de Costas, encargado de costear o proxecto, e á Consellaría e ao Ministerio de Medioambiente.
Descargar todas as imaxes