O Día Internacional do Comercio Xusto chega a Vigo
A Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD, organiza o sábado 10 de maio, unha xornada de promoción do Comercio Xusto en seis cidades galegas,coa colaboración da dirección xeral de Xuventude e Solidariedade.
Con motivo da celebración do Día Internacional do Comercio Xusto, algunhas organizacións da Comisión de Comercio Xusto: A Cova da Terra, Amigos da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade, decidiron poñer en marcha unha actuación conxunta de promoción do Comercio Xusto en Galicia. Así, nas principais cidades galegas, estas organizacións levarán a cabo durante un día enteiro (de 11:00 a.m a 20:00 p.m) actividades, exposición, venda e degustación de produtos de Comercio Xusto; actuacións musicais, contacontos, teatro de rúa e outras actividades lúdico-educativas para nenos, nenas e maiores.
En Vigo, na Praza América, poderase desfrutar de degustación de produtos de Comercio Xusto; obradoiros de pintura de cara, elaboración de marcos de fotos con sementes de café e elaboración de cociña fría para adultos con produtos de Comercio Xusto. Actuacións musicais a cargo de Danzas do Mundo e Timqus Bolivia.
O Comercio Xusto, unha ferramenta de xustiza internacional
O actual sistema comercial internacional está marcado, cada vez máis, por unha acentuada diferencia entre o Norte e o Sur. Neste senso, o Norte marca as regras do xogo a costa dun Sur cada vez máis empobrecido.
O Comercio Xusto contribúe a crear unha maior equidade no actual sistema de comercio internacional desigual, xa que se converte nunha alternativa que permite aos e ás produtores/as do Sur un acceso directo aos mercados do Norte cunhas condicións comerciais máis igualitarias. Nestas relacións cobran importancia os criterios sociais e medioambientais. Os principais criterios que promove o Comercio Xusto son:
-salarios dignos para os produtores e as produtoras do Sur, organizados en cooperativas cun funcionamento democrático e con equidade de xénero.
-protección dos dereitos fundamentais das persoas, con respecto pola igualdade de xénero e a non explotación infantil no proceso produtivo.
-elaboración de artigos de calidade con prácticas respectuosas co medio ambiente e o ser humano.
Descargar todas as imaxes