venres, 9 mai 2008
"Continuamos poñendo a Vigo nos circuítos máis potentes de concertos internacionais", salientou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen anunciou que ás actuacións xa presentadas de Bob Dylan, Lenny Kravitz e The Quemical Brothers, entre outros, se suman as de Estopa o 28 de xuño, Pereza o 4 de xullo, e La Quinta Estación o 2 de agosto. Ademais, Santi Domínguez, indicou que con estes concertos tamén se está a cumplir o obxectivo de potenciar o Instituto Feiral de Vigo, posto que Estopa e Pereza actuarán neste recinto, mentres que o concerto de La Quinta Estación será en Castrelos.
venres, 9 mai 2008
Máis de 30 entidades, representando a diferentes colectivos da cidade, participaron no seminario "Comunicación e Marqueting nas Entidades de Voluntariado" organizado pola Oficina Municipal de Voluntariado. A charla, que tivo lugar o xoves día 8 de maio, reflexionou sobre a importancia do márketing nas entidades non lucrativas apuntando algunhas pautas para que axuden a unha comunicación máis eficaz nelas.
venres, 9 mai 2008
Organizado polo colectivo Alg-a, o obradoiros " Laboratorio de escoita e experimentación sonora" tentan introducir aos rapaces no mundo do son e a escoita: como viaxa o son, por onde se move, para que serve…; que experimenten por eles mesmos os principais procesos creativos deste mundo e a súa interrelación con outros proxectos semellantes. <br />
venres, 9 mai 2008
Tradurbán é un espectáculo deseñado especialmente para o ciclo de concertos didácticos que terá lugar en diversos centros de ensino secundario da cidade de Vigo con motivo da celebración da semana das Letras Galegas en Maio de 2008 e que organiza a Concellería de Educación. O primeiro dos concertos terá lugar o luns, día 12 , no IES Politécnico, ás 12.30 horas e o que asistirá a concelleira de Educación, Laura López Atrio.
venres, 9 mai 2008
Fai aproximadamente un mes, Educadores pola Paz celebrou na cidade a súa reunión que trouxo a Vigo preto de 1.200 educadores de toda Galicia e Portugal, unha mobilización "sen precedentes", salientou o alcalde. En decembro de 2008, a cidade volverá a acoller outra reunión do colectivo, polo que Abel Caballero aboga porque Vigo sexa a sede bianual destes encontros.
Turismo
venres, 9 mai 2008
Convócanse 12 becas para a realización de prácticas de información nas oficinas de información turística e servizos turísticos que a Concellería de Industria, Comercio e Turismo porá a disposición dos visitantes no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de outubro de 2008, ámbolos dous inclusive.
Benestar Social
venres, 9 mai 2008
Infórmase que a listaxe de persoas admitidas e excluídas está publicada na páxina Web deste Concello (no apartado de ofertas de emprego), e no taboleiro de anuncios.
Administración de Tributos
venres, 9 mai 2008
Segundo a publicación no BOP núm. 86 de data 6 de maio de 2008, a matrícula do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó ano 2008 estará en exposición pública entre os días 7 maio ata o 27 de maio en horario de 9 a 13.30 horas na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello, a excepción dos sábados que se expoñerá no Rexistro Xeral.