Xunta e Concello construirán unha senda fluvial polo Lagares
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, pecharon o acordo este mércores co delegado provincial da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Juan Francisco Froján, que permitirá construir a senda desde o nacemento ata a desembocadura do río. No encontro se selou a vontade de ambas institucións de "cooperar activamente" contra os verquidos no Lagares.
O río Lagares contará cunha senda fluvial desde o nacemento do río ata a súa desembocadura. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, rubricaron este mércores o acordo co Delegado en Pontevedra da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Juan Francisco Froján.
Froján definiu este proxecto como "moi interesante" e o alcalde avanzou que solicitará, de cara á financiamento da operación, que o organismo autonómico se faga cargo dunha parte da mesma. Esta cooperación se estende á vocación mostrada por ambas institucións de evitar os verquidos no río Lagares. Abel Caballero salientou que se realizará por parte de Augas de Galicia e o Concello de Vigo unha "presión activa" contra os verquidos.
Montes de Vigo
O Concello e a Xunta de Galicia acordaron asemade potenciar os montes de Vigo ata niveis similares aos da Ría da cidade. O goberno local transmitiu ao delegado o proxecto que está a elaborar para que o conxunto de montes e miradoiros se engloben nunha institución chamada Montes de Vigo que proporcione os medios precisos para o mantemento, explotación e promoción turística do cinto verde vigués. O obxectivo do Concello é darlle "a mesma atención á Ría e aos montes" de Vigo, salientou o alcalde.
A Madroa, privado de caza
Na reunión deste mércores, o delegado de Medio Ambiente en Pontevedra transmitiu ao goberno local que os montes de A Madroa estarán vedados para a caza "a partires da próxima temporada", subliñou Froján. Esta medida foi consensuada coa Federación de Caza, feito polo que o alcalde de Vigo "felicitou" á Xunta de Galicia.
Illas Atlánticas
A cesión do Parque das Illas Atlánticas do Goberno de España á Xunta de Galicia se formalizará en "mes, mes e pico", avanzou o delegado de Medio Ambiente, e terá a súa sede no edificio Cambón da cidade olívica. Esta edificación está "pendente de licitación por Parques Nacionais", salientou o alcalde.