O AVE entrará en Vigo cun túnel de 8 km desde Redondela que creará un parque de 600.000 m2
O Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento acordaron que a Alta Velocidade entre en Vigo por un túnel desde Redondela, o que permitirá crear un parque urbano de 3 quilómetros de longo no actual percorrido das vías do tren. O acordo solventa o problema dos afectados de Teis polo AVE, xa que quedan suspendidas as expropiacións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta do encontro que mantivo en Madrid o pasado martes con responsables de ferrocarrís da Xunta de Galicia e do Ministerio de Fomento no que se acordou modificar a entrada norte da Alta Velocidade en Vigo. Esta pasará a ser soterrada cun túnel directo desde Maceiras, en Redondela, de "entre 8 e 9 quilómetros" de lonxitude, en lugar de chegar por gabias polo actual trazado do tren, tal e como estaba previsto.
Este novo proxecto, que será presentado "nos próximos meses", eliminará da vista o tren en todo o termo municipal, e permitirá crear "un gran parque urbano de 600.000 metros cadrados" no lugar que actualmente ocupan as vías do tren na súa entrada a Vigo, e coas previsións de zonas verdes que inclúe o novo Plan Xeral de Vigo. Este "gran paseo verde" terá 3 quilómetros de lonxitude unha anchura media aproximada de 200 metros, co que se inicia "un novo Vigo para Teis e a Travesía de Vigo".
Ademais do corredor verde, este acordo trilateral permite solventar os problemas dos afectados de Teis polo AVE xa que, ao cambiar o trazado e pasar a ser soterrado, non será preciso expropiar vivendas. O alcalde de Vigo avanzou que o túnel está "no estudo definitivo do seu trazado", xa que este pasado martes comezaron as catas arqueolóxicas previas.
As características do proxecto permitirán crear "unha nova plataforma que se constituirá como un gran miradoiro" ao nivel da Vía Norte, salientou o alcalde, xa que o tren entra a 15 metros en cota baixo o nivel da actual.
Costo e prazos
No tocante aos costos da obra, Abel Caballero subliñou que o túnel excede as capacidades do Concello, co que xa non se cofinancia como anteriormente. Vigo aportará unha cantidade similar á de "calquera outra cidade de España", sinalou o alcalde, "pero en Vigo entrará a través de un túnel".
Os prazos previstos para a chegada do AVE a Vigo non sufrirán atrasos pola realización desta obra. A previsión para 2012 non varía xa que, segundo comentou o alcalde, as obras do túnel tardarán 16 meses, un mes por cada 500 metros, serán imperceptibles na superficie, e as mesmas comezarán a inicios de 2009. Así, as tuneladoras estarán no centro de Vigo "a mediados de 2010".
Descargar todas as imaxes