Educación reforza a programación de actividades da lingua inglesa
34 centros de ensino público da cidade e case 4.000 escolares participan na iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES" do Servizo Municipal de Educación que dirixe a concelleira Laura López Atrio. A proposta didáctica levase a cabo ata o mes de xuño e oferta unha programación específica que inclúe distintas actividades de promoción, reforzo e mellora da lingua inglesa.
"Vigo Activities" concretase coas seguintes actividades: Descobre a túa Cidade / Get to Know Your Town: visitas didácticas ao Casco Vello ou Parque do Castro. Máximo 50 escolares acompañados de 3 nativos/bilingües, cunha duración aprox. de 90 minutos. Inclúe desprazamentos en bus e fichas de traballo para o desenvolvemento das visitas. Fálame do teu País / Tell me about your Country: encontro cun nativo para un grupo-aula, apoiado en material motivacional e unidade didáctica, 1 hora aprox. Xogos e Cancións / Games and Songs: interactuación cun nativo para un grupo aula, a través de xogos tradicionais e cancións, apoiado en material motivacional e unidade didáctica, 1 hora aprox. Contacontos / Story Teller: 5 relatos curtos de contos populares de distintas partes do mundo cun nativo por grupo-aula que inclúen traballo en valores, 1 hora aprox. Teatro / Theatre: adaptación da obra clásica "Drákula" en spanglish, inclúe desprazamento ao auditorio correspondente e soporte documental "Word Pack".
"VIGO ACTIVITIES" da continuidade ao programa educativo municipal "AULAS INTERNACIONAIS", que tenta promover a comunicación oral na lingua inglesa e dotar dunha maior competencia no seu coñecemento e uso ao alumnado do 3º Ciclo de Educación Primaria. Este programa educativo municipal de fomento do inglés falado entre o alumnado de 6º de primaria dos colexios públicos de Vigo é unha ferramenta para acadar o mellor coñecemento oral desta lingua, que ten tan sobranceiro lugar na comunicación internacional e, polo tanto, resulta necesario que a dominen con soltura suficiente a nivel oral estes escolares dos centros públicos da nosa cidade, para tentar de superar as importantes limitacións no manexo funcional da lingua neste eido.
Dende outubro do pasado ano ata o 31 de marzo dos correntes, o Servizo de Educación veu desenvolvendo con carácter experimental o referido programa educativo na modalidade de actividade extraescolar, onde se induciu a falar, escoitar e actuar en inglés por parte de todo o alumnado. Recreouse nun aula específica e caracterizada a tal fin, situacións propias de estadías no estranxeiro ou de comunicación con outras persoas que descoñecen as nosas linguas propias e coas que forzosamente debemos falar en inglés.
No citado período, creáronse 43 "Aulas Internacionais" en 37 centros públicos que involucraron a 791 alumnos/as de 5º e 6º de primaria, dirixidas por monitores cualificada con experiencia práctica contrastada, que dinamizou conversas e actuacións, ao redor de cadanseu centro de interese semanal, a tratar en dúas sesións semanais de noventa minutos.
Descargar todas as imaxes