O Concello realizará vixilancia preventiva nas zonas que poidan superar os niveis de ruido permitidos
<br /> Abel Caballero avanzou que se creará unha Comisión Delegada do goberno para o ruido, con carácter permanente e inicialmente presidida polo alcalde, e se convocará periódicamente a Comisión de Ruidos. As comisións elaborarán un plan que incuirá unha batería de medidas contra o ruido. A primeira delas, a vixilancia preventiva.
O Concello de Vigo prevé combater contra o ruído de modo "horizontal", mediante a creación dunha Comisión Delegada do Goberno que incluirá a todas as concellarías afectadas por este problema, e a convocatoria periódica da Comisión de Ruídos.
A Comisión Delegada, o "núcleo central" das actuacións municipais contra o ruído, estará presidida inicialmente polo alcalde, e terá representación das Concellarías de Urbanismo, Medioambiente e Vías e Obras, xunto coa Policía e aqueles outros departamentos afectados, como pode ser o caso de Xuventude.
As comisións elaborarán un Plan que incluirá unha batería de medidas contra o ruído, comezando coa "vixilancia preventiva da Policía", xa avanzada polo alcalde, que se levará a cabo naquelas zonas susceptibles de superar os límites de ruídos permitidos, para disuadir de niveis excesivos de ruídos.
Outras medidas
Estas medidas foron trasladadas por Abel Caballero á Asociación Viguesa contra o Ruído, na reunión que mantiveron este martes na Alcaldía. O alcalde transmitiulles que, a partir da aprobación das Zonas Acusticamente Saturadas (ZAS), axilizarán as inspeccións ata facelas "case permanentes", dos locais que poidan infrinxir o límite de ruído.
Ademais, o Concello acelerará os expedientes sancionadores dos locais que vulneraron a normativa, e actuará con carácter permanente nalgunhas zonas de carga e descarga, especialmente en RENFE, salientou o alcalde.
O rexedor afirmou asemade que o goberno estará "activo" contra o incumprimento dos horarios de peche dos locais, para o que actuará con "urxencia e presión".
Acordo contra os "botellódromos"
A Asociación Viguesa contra o Ruído plantexou ao alcalde a súa oposición a establecer na Praza da Estrela o chamado "botellódromo", un único lugar habilitado onde teña lugar o botellón. O alcalde, pola súa banda, mostrouse de acordo con eles, e transmitiulles que a súa "visión de ubicación é distinta á Praza da Estrela". Abel Caballero manifestou que hai que agardar ata a publicación da lei que regule este fenómeno, fixo fincapé no "problema sanitario" que conleva que os menores inxiran alcohol.
Descargar todas as imaxes