Escoitar

Educación construirá en Vigo 4 novos centros escolares<br />

O Delegado Provincial da Consellaría de Educación, José Armando Cristobal, confirmou este mércores ao alcalde, Abel Caballero, que se construirá un novo centro para o colexio Virxe do Rocío, na parte baixa da estrada e cun investimento de 1,8 millóns de euros. Ademáis, a Consellaría edificará novos centros para o CEIP Altamar, o CEIP Vicente Risco e o Colexio Caixanova, na finca de San Roque.

mércores, 14 mai 2008
1210772097cistobal.jpg
A Consellaría de Educación construirá en Vigo catro novos centros educativos para os colexios Virxe do Rocío, Altamar, Vicente Risco e Caixanova, na finca de San Roque. Así o confirmou o Delegado Provincial da Consellaría, José Armando Cristobal, ao alcalde no transcurso dun encontro de traballo deste mércores.

O novo centro do Colexio Virxe do Rocío atenderá, segundo constatou Abel Caballero, ás necesidades expostas e solicitadas polos pais e docentes, xa que se construirá no lugar onde hoxe está o pavillón de deportes, na parte baixa da estrada. A nova disposición permitirá que os nenos non teñan que atravesar a estrada, que divide na actualidade ao colexio, e que o actual edificio sexa utilizado "para fins educativos".

A inversión prevista para o novo edificio superará os 1,8 millóns de euros, salientou o alcalde, e a obra estaría licitada "a finais deste ano" e concluída "en 12 meses", a finais de 2009. José Armando Cristobal explicou que "en próximos días" o proceso sairá "por adxudicación directa", para acelerar ao máximo os trámites.

O Delegado Provincial subliñou asemade que un arquitecto leva "un mes traballando nas distintas solucións posibles" para este colexio, e se decidiu que a saída "máis coherente" pasa por manter o edificio histórico actual e erguer un novo que concentre todas as instalacións para os nenos.

Tres novos centros
A Consellaría de Educación da Xunta de Galicia solicitou ademais ao alcalde solo municipal para construír tres novos centros na cidade, para o Altamar, o Vicente Risco e o centro que Caixanova ten na Finca de San Roque.

"O novo Plan Xeral xa contempla unha reserva de solo para o Colexio Altamar", aseverou o alcalde. Para o Vicente Risco se prevé edificar un centro adicional, e para o de Caixanova, Abel Caballero avanzou que está previsto que o novo centro "sexa de dous liñas".
Descargar todas as imaxes