Galiexpo Motor Show celebra a súa cuarta edición o próximo mes de xuño
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez , presentou este mércores Galiexpo Motor Show, o salón que unirá no IFEVI, os días 13,14 e 15 de xuño expositores de túning, turismos, automóbiles clásicos, todoterreos e motos con espectáculos e animación relacionados co mundo do motor.
Galiexpo Motor Show 2008 é un salón pensado para disfrutar o mundo do motor, tratase dun evento de ocio con espectaculares coches e motos que non se ven polas rúas, ben por ser de competición o pola súa exclusividade. Esta edición contará coa presencia de 5 pilotos do campionato do mundo de rallys, exporá unha das coleccións máis exclusiva de vehículos clásicos da península, amosará os coches mellor tuneados de Europa e reunirá a maior concentración de Harley Davidson do noroeste peninsular.
O 2º Rally Show que se celebrará o domingo 15 de xuño contará co presencia do italiano Miki Biasion bicampión mundial de rallys e o finlandés Marklu Alén aos que uniranse tres pilotos máis do Campionato do Mundo de Rallys.
Un dos vehículos máis destacados de coches clásicos que se poderán vers en Galiexpo , será un Chrysler Presidencial do que se só construíron 17 exemplares en todo o mundo; perteneceu á presidencia de Portugal e utilizouse nos inicios dos anos 60.
Esta exposición amosará un Lancia Astura descapotable de 1937 , modelo único no mundo utilizado pola aristocracia italiana dos anos 30. Tamén estará exposto un Auburn Speedster de 1939, concibido polo debuxante de coches Gordon Buiering e que está considerado como un símbolo do modernismo Art Deco dos anos 30.
Os visitantes poderán contemplar unha concertación das míticas motos Harley amenizada por un festival de rock da man dos grupos Cornelius e Arponeros e cunha exhibición do piloto americano Craig Jones, campión do mundo de Stund Rider con Harley .
Galiexpo completarase cunha nova exhibición internacional de Drif, derrapes protagonizados por coches de hasta mais de 400CV; exhibición de vehículos de rallys e superdeportivos.
A presentación de Galiexpo Motor Show que tivo lugar na sala de prensa do Concello , hoxe mércores, contou coa presencia do tenente de alcalde, Santi Domínguez; o organizador do certame, Joaquin Portabales e os patrocinadores e colaboradores como Felipe Viso de marca Harley en Galicia; Juan José Lores de Caixanova; María Troncoso de Begano e Paty Blanco de El Corte Inglés e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto.
Máis información en www.galiexpo.com.