O alcalde solicita a cooperación da ONCE nos futuros proxectos municipais
<br /> Abel Caballero visitou este mércores as dependencias da Fundación ONCE en Vigo, e solicitou a súa cooperación para garantir a accesibilidade de todos os proxectos postos en marcha polo Concello de Vigo. Do mesmo xeito, ofreceuse a colaborar coa entidade no que precisen.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este mércores ás instalacións da Fundación ONCE na cidade, nunha visita institucional na que solicitou o apoio do organismo para os futuros proxectos municipais.
O obxectivo do alcalde é garantir a accesibilidade de todas as obras que se realicen no termo municipal, tanto en viais e humanizacións como en edificios, por exemplo, para o que pediu a súa cooperación. Ademais, Abel Caballero ofreceu a colaboración do Concello no que a Fundación precise.
O alcalde visitou as instalacións e comprobou in situ algúns dos mecanismos de traballo diario do colectivo. Abel Caballero, quen mostrouse "moi satisfeito" da súa visita, enxalzou a labor inicial da ONCE polos cegos, ampliado hoxe en día a todos os discapacitados.
Descargar todas as imaxes